Manuel Santos Ruiz Rivas, nado en Ribeira o 4 de novembro de 1957, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria É licenciado en Dereito. Exerceu a avogacía como procurador dos Tribunais e foi xestor de actividades deportivas. Foi cabeza de lista do CDS en Ribeira nas eleccións municipais de 1987 e foi elixido concelleiro, pactando un goberno con AP e a CPG que fixo alcalde ao aliancista Ricardo Pérez Queiruga e sendo tenente de alcalde. Dende as municipais de 1991 foi o número 2 da candidatura do PPdeG encabezado por José Luis Torres Colomer, sendo primeiro tenente de alcalde e portavoz do grupo municipal ata a súa renuncia como edil en agosto de 2006.Manuel Ruiz presentará su dimisión como concejal de Ribeira Desta forma pasou a centrarse no posto de deputado no Parlamento de Galicia que exercía dende 1993, chegando a ser o portavoz do PPdeG na cámara a partir de 2009.
Nas eleccións municipais de 2011 regresou á política municipal como novo candidato á alcaldía de Ribeira en substitución de Torres Colomer, sendo elixido alcalde ao lograr a maioría absoluta, polo que tivo que renunciar ao seu posto de deputado. Nas municipais de 2015 perdeu a maioría absoluta, pasando de 13 a 9 concelleiros, polo que foi reelixido alcalde como candidato da forza máis votada, contando coa abstención dos concelleiros de Cidadáns"Manuel Ruiz, elegido alcalde de Ribeira". Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldíaConcello de Ribeira na FEGAMP como cabeza da lista máis votada, de novo con 9 concelleiros, ó non chegar as demais forzas a un acordo. Nas municipais de 2023 encabezou de novo a candidatura do PPdeG e subiu ata os 10 concelleiros, mais non conservou a alcaldía dado que os demais grupos pactaron un goberno alternativo que fixo alcalde ó nacionalista Luís Pérez Barral. Foi candidato popular ao Senado nas eleccións xerais de España de 2023 e resultou elixido senador.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ribeira Lista de senadores galegos desde a Transición
Ligazóns externas Ficha no Parlamento de Galicia Entrevista en El Correo Gallego
Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en Ribeira Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Ribeira Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da V Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Senadores de España polo PP Categoría:Senadores pola Coruña