Xosé Ramón Loureiro Calvo, nado en Sillobre (Fene) o 3 de xuño de 1965, é un xornalista, escritor, fotógrafo e documentalista galego.

Traxectoria Estudou Ciencias Relixiosas no Instituto Superior San Agustín. Xornalista, compaxina o seu labor periodístico en La Voz de Galicia coa literatura.

No ano 2001 recibiu da Universidade do Minho o Premio Caminhos da Memória polo seu ensaio fotográfico A escura terra de Escandoi, no que se reflicte, a través de imaxes en branco e negro, o seu particular universo literario.

Parte das súas obras narrativas desenvólvense na «Terra de Escandoi», situada ao oeste desa «terceira Bretaña» que é para o autor o norte de Galicia, entre Mondoñedo e Ferrol.

Es académico de número da Real e Pontificia Academia Auriense Mindoniense de San Rosendo.

Obra en galego Narrativa Morgado (1997). Sada: Ediciós do Castro. 91 páxs. ISBN 84-7492-846-X. O corazón portugués (2000). Vigo: Galaxia. 196 páxs. ISBN 978-84-8288-366-3. (despois na Biblioteca Galega 120). As galeras de Normandía (2005). Vigo: Xerais. 336 páxs. ISBN 978-84-9782-266-4. Traducido ao castelán no 2007, co título Las galeras de Normandía en Edaf, 2007, ISBN 9788441420014. A oca de Leonardo: última noticia da grande máquina voadora, tamén chamada a verdadeira oca de Leonardo da Vinci, tripulada pola súa excelencia o señor Vizconde de Chateaubriand... (2006). Betanzos: Biblos Clube de Lectores. ISBN 9788493600150. A saga de San Ferreol (2007). Betanzos: Biblos Clube. 42 páxs. ISBN 978-84-935609-1-1.

Ensaio miniatura|Casares. Editorial Trifolium. 2017. Aceiro sobre a auga (1992). Ensaio fotográfico. En castelán: Acero sobre el agua (2015). Rosa Rocabayera. ISBN 978-92-0-011003-0. Carlos Casares: nove retratos e unha conversa inacabada (2002). Fundación Carlos Casares e Concello de Ferrol. Carlos Casares (2003). Vigo: A Nosa Terra. 68 páxs. ISBN 978-84-96203-51-8. As Pontes (2003). Ensaio fotográfico. Jofre, o teatro que soñou unha cidade (2005). A Coruña: La Voz de Galicia. Diarios (2015). Eurisaces Ed. Prólogo de César Antonio Molina. ISBN 978-84-940638-8-6. A Torre de Hércules. A lámpada do mundo (2016). Trifolium. Casares (2017). Editorial Trifolium. Ferrol. Unha viaxe pola alma da cidade (2024). Aldine Ed. 58 páxs. ISBN 978-84-121850-9-6.

Literatura infanto-xuvenil O peixe de pedra (2005). Vigo: A Nosa Terra. A oca de Leonardo (2006). Betanzos: Biblos Clube. Ilustracións de Xaquín Marín. ISBN 9788493506247. Principes de Bretaña, estrelas de Compostela (2009). Biblos Clube. ISBN 9788493660789.

Traducións Un tranvia cara a SP, de Unai Elorriaga (2002). Vigo: Galaxia.

Obras colectivas Carlos Gurméndez: vida e sentimiento. Cartas e fotografías, 1997, Concello de Pontedeume. Coordinador con Luís Mera. Materia prima: relatos contemporáneos, 2002, Xerais. Narrativa. Carlos Casares: a semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega. Seis ferroláns, 2003, narrativa, Edicións Embora. Poetas e Narradores nas súas voces. II, 2006, Consello da Cultura Galega. Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.

Premios Finalista do Premio Eixo Atlántico no 2000, con O corazón portugués.

Obra en castelán Narrativa León de Bretaña (2009). Madrid: Edaf.. La asombrosa conquista de la isla ballena (2013). Eurisaces. ISBN 978-84-940638-2-4. Al Rey de los Ángeles (2018). A Coruña: Hércules. ISBN 8494917625.

Ensaio El lejano reino de la Vía Lactea (2013). Madrid: Edaf. ISBN 978-84-414-3294-9. La bendición de las estrellas (2025). Sr. Scott. ISBN 978-84-128240-5-6.

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Fene Categoría:Nados en 1965 Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Tradutores ao galego