Xosé Manuel Lobato Martínez, nado en Lestedo (Boqueixón) o 27 de novembro de 1958, é un escritor galego.

Traxectoria Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación, licenciado en Pedagoxía e diplomado en Maxisterio. Profesor de matemáticas no IES Félix Muriel de Rianxo e investigador nun equipo da Universidade de Santiago de Compostela, onde desenvolve varias liñas de investigación relacionadas coa educación e a emigración.

Obras en galego Narrativa Diáspora.com, 2002, Toxosoutos. Cos pés na peneira, 2005, Toxosoutos. Retorno á Natura, 2009, Alvarellos. Máxico tear natural, 2011, Alvarellos. Elos de cinza, 2015, Ézaro.

Obras colectivas A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium. En defensa do Poleiro, 2010, Toxosoutos. Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, 2017, Alvarellos.

Obras en castelán Autoconcepto en hijos de emigrantes, 2001.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Boqueixón Categoría:Nados en 1958 Categoría:Profesores de educación secundaria