miniatura|María dos Anxos González Refoxo con parte dos integrantes da 1ª promoción de Galego-Portugués da USC: Anxo González Guerra, Manuel Castelao Mexuto, Luís Cambeiro Cives, Vitoria Ogando, Manuel Ferreiro Fernández, Tareixa Roca Sánchez, Ramona Giráldez Domínguez, María Xosé Queizán Vilas, María do Carme García Pereiro, Luís Gayoso Baqueiro, Carme Vázquez Castro, Manuel Figueiras Fernández, Francisco Salinas Portugal, César Morán Fraga. A Coruña, 09/09/2017 María dos Anxos González Refoxo, nada na Porta dos Mariños (lugar de Pazos, Padrón) o 18 de febreiro de 1955, é unha filóloga galega.

Traxectoria Estudou Filoloxía Galego-­Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose na primeira promoción, no ano 1978. Exerceu como profesora en centros de Ferrol, Santiago e, desde 1983 no Instituto de Elviña da Coruña no que se xubilou.

Obras Obras colectivas Nova gramática para a aprendizaxe da língua, 1988, Vía Láctea. Con César Morán, Xoán Carlos Rábade Castiñeira e Xoán Costa Casas. Actividades de expresión oral e escrita, 1990, Baía Edicións. Con Isabel Arcai Beira, Teresa Fandiño Barreiro, Maia das Dores Fernández López, Xoán Carlos Rábade Castiñeira e Xoán Costa Casas. Actividades de léxico 1 e 2, 1990 e 1991, Baía Edicións. Con Xoán Carlos Rábade Castiñeira e Xoán Costa Casas. Actividades de construción gramatical, 1991, Baía Edicións. Con Xoán Carlos Rábade Castiñeira e Xoán Costa Casas. E non chegou a ser palabra... : afixos léxicos, sufixación e prefixación lexical, 1995, AS-PG. Con Xoán Carlos Rábade Castiñeira. É o verbo: aproximación á narración, 1999, AS-PG. Programación didáctica de referencia. Lingua galega e literatura: Educación Secundaria Obrigatoria, 1999 e 2000, Xunta de Galicia.

Traducións Visita a Santiago de Compostela co Club 33, de José Carro Otero, 1979, Caixa de Aforros de Santiago.

Audiovisual Canto de permanencia, 2010, sobre a obra de Uxío Novoneyra. Coguionista. Estrela na alba, o pensamento político de Castelao. Participa no desenvolvemento narrativo. De amor e cantería, obra premiada co Mestre Mateo 2011 á mellor obra experimental. Guionista. Andei todos os camiños, documental. Guionista e directora. Danza do poema emocionado, sobre Manuel María. Guionista. Manuel María. Paixón de palabra e terra, documental finalista nos premios Mestre Mateo 2016. Coguionista.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha da autora na web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Padrón Categoría:Nados en 1955 Categoría:Profesores de educación secundaria