A bandeira de Liechtenstein (en alemán: Flagge Liechtensteins) consiste en dúas bandas horizontais de igual tamaño, sendo a superior azul e a inferior vermella, cunha coroa de duque dourada no lado do mastro da banda de arriba. As cores é probable que deriven das da familia real do Principado no século XVIII.
A bandeira azul e vermella de Liechtenstein data de 1921. A coroa foi engadida en 1937, despois de que se descubrise que a bandeira utilizada polo equipo olímpico nos Xogos de 1936 era idéntica á bandeira de Haití. O deseño da coroa foi lixeiramente modificado en 1982. A bandeira pode ser pendurada verticalmente ou horizontalmente, pero coa coroa sempre arriba á dereita.
centro|350px|Construción da bandeira
Other flags miniatura|dereita|300px|Bandeira na fronteira con Austria.
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Símbolos de Liechtenstein Liechtenstein Liechtenstein