José María Callejón Bueno, nado en Motril (Granada) o 11 de febreiro de 1987, é un futbolista español. Xoga de dianteiro e o seu actual club é o Marbella FC.

Traxectoria Empezou nos seus inicios a xogar ao fútbol sala e previo paso polo fútbol 7.

Formado na escola de fútbol Costa Tropical e nas categorías inferiores do Real Madrid CF, debutou como xogador profesional no Real Madrid Castilla a tempada 2006–07, en Segunda División. Disputou cinco partidos sen anotar un gol.

A seguinte campaña, en Segunda División B, anotou 21 goles en 37 partidos, sendo o máximo anotador da categoría.

O 18 de xuño de 2008 foi traspasado por 1,2 millóns de euros ao RCD Espanyol de Barcelona, co que asinou un contrato por catro tempadas. Ata ese momento compartira vestiario co seu irmán xemelgo Juanmi. Co equipo perico debutou en Primeira División o 20 de setembro de 2008, nun partido ante o Getafe CF.

Palmarés Torneos nacionais Real Madrid Primeira división española (1): 2011/12

Napoli Copa de Italia (2): 2013/14, 2019/20 Supercopa de Italia (1): 2014

Torneos amigables Espanyol Trofeo Ciutat de Barcelona (1): 2010 Trofeo Ramón de Carranza (1): 2010

Outros campionatos oficiais Espanyol Copa Catalunya (1): 2010

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en RCD Espanyol.com Ficha en LFP.es

Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Real Madrid C Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do SSC Napoli Categoría:Xogadores do ACF Fiorentina Categoría:Nados en Motril Categoría:Nados en 1987