O Estadio Pepe Gonçalvez está situado no barrio de Escaleritas, nas Palmas de Gran Canaria (Canarias). É un campo de fútbol de céspede artificial, onde disputan os seus partidos o Universidad de Las Palmas de Gran Canaria Club de Fútbol, conxunto canario que milita na Segunda División B do fútbol español, ademais dos equipos CF Unión Viera e a AD Huracán pertencentes ao fútbol base grancanario.
Este campo de fútbol ten unha gran tradición nas Palmas de Gran Canaria e de illa de Gran Canaria, xa que varias xeracións de futbolistas xogaron neste terreo, antigamente de terra, que era a superficie máis usual no pasado futbolístico insular.
A capacidade do estadio é de 3.000 espectadores, e o seu propietario é o Concello das Palmas de Gran Canaria.
Pepe Gonçalvez Categoría:Deporte nas Palmas de Gran Canaria