Bar (Бар) é unha cidade de Montenegro, localizada na costa do Mar Adriático. Ten 13.719 habitantes (40.037 en todo o concello) e é o principal porto do país. A maioría dos habitantes é de nacionalidade montenegrina ou serbia, os albaneses constitúen o 12 % dos habitantes do concello.
Os arredores da cidade son coñecidos a nivel nacional e europeo polas súas infraestruturas turísticas. Sutomore, unha pequena localidade de 3.000 habitantes moi preto da cidade, é un dos meirandes destinos turísticos da zona grazas ás súas praias. O centro histórico da cidade é tamén un gran reclamo para turistas de todo o mundo, entre outras cousas, pola existencia da que é considerada a oliveira máis antiga do mundo (2.500 anos).
Historia Historicamente, estivo ligada a diferentes imperios e reinos da rexión, tales como o Imperio Romano, o Imperio Bizantino, Turquía, Venecia o o Imperio Austrohúngaro. A súa adhesión actual ó estado montenegrino tivo lugar en 1878 coa sinatura do Tratado de Berlín.
Cidades irmandadas Bor, Serbia Shkodër, Albania Ulcinj, Montenegro Bari, Italia
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Cidades de Montenegro