Loveless é o segundo álbum da banda de rock alternativo My Bloody Valentine, editado o 4 de novembro de 1991 a través do selo Creation Records. Loveless foi gravado durante un período de dous anos, entre 1989 e 1991, en 19 estudios de gravación. O vocalista e guitarrista Kevin Shields dominou o proceso de gravación e tratou de lograr un son particular para o disco, facendo uso de varias técnicas. Un gran número de técnicos de son foron contratados e despedidos durante o proceso de gravación, aínda que a banda finalmente acreditou no libreto a todos os que estiveron presente nas gravacións, "incluso se unicamente foron facer té", segundo Shields.
A relación de My Bloody Valentine con Creation Records deteriorouse durante todo ese tempo, e a banda foi retirada da discográfica despois da súa edición debido ao difícil e caro que era traballar con Shields. Loveless non foi un grande éxito comercial, pero foi moi ben recibido pola crítica, sendo considerado na actualidade un hito no shoegazing. O disco foi citado por moitos artistas como unha importante influencia e para moitos críticos trátase dun dos mellores álbums dos anos 90.
En novembro do 2003 a publicación Pitchfork Media elixiuno o segundo mellor álbum da década na súa lista dos 100 mellores discos dos 90, e no mes de outubro de 2016 elixiuno mellor álbum de shoegaze de todos os tempos.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de My Bloody Valentine Categoría:Álbums musicais de 1991 Categoría:Álbums de Creation Records Categoría:Álbums producidos por Kevin Shields