miniatura|300px|San Mateu, de Xosé Ferreiro, na sancristía de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela San Mateu Evanxelista, tamén designado como Mateu Leví, Leví de Alfeo e Mateu apóstolo, foi un dos doce apóstolos de Xesús e tamén un dos catro evanxelistas. Represéntase cun libro na man, signo do seu evanxeo, e ás veces cunha pluma.
O nome procede do hebreo Matithyah, que significa don de Iavé, ou presente, regalo de Deus. De aí adaptouse ó grego Maththaios e ó latín Matthaeus, de onde vén o nome Mateu nas linguas romances.
Dáselle o tratamento de santo por tódalas confesións cristiás que admiten esta distinción. A Igrexa Católica celebra a súa festa o 21 de setembro, pero a igrexa ortodoxa faino o 16 de novembro.
Biografía Antes de ser apóstolo, era recadador de impostos para os romanos en Cafarnaún, na antiga Galilea, e chamábase Leví (Mateu 9:9, Marcos 2:14, Lucas 5:27-29). Cando escoitou a predicación de Xesús abandonou todo e se incorporou ós seus discípulos, momento no que Xesús lle cambia o nome polo de Mateu e lle encarga a administración dos cartos que el e mailos apóstolos recibían como esmolas ou doazóns. Esta circunstancia fíxoo patrón dos banqueiros.
Trala morte de Xesús, a tradición di que foi evanxelizar Etiopía, aínda que non existen fontes documentadas disto nin das circunstancias da súa morte, martirizado nesta terra Epifanio de Salamis, bispo de Chipre, afirma que Mateu morreu en Partia (hoxe Irán) e foi Matías, outro dos apóstolos, quen morreu en Etiopía.. Crese que os seus restos se conservan na catedral de Salerno (Italia).
Escribiu o primeiro evanxeo tal como aparecen ordenados nas biblias cristiás, cara aos anos 70-80, segundo Eusebio de Cesarea. Para algúns autores antigos, como Agostiño de Hipona, escribiuno en arameo, aínda que o certo é que tódolos materiais coñecidos, tanto completos como fragmentarios, están en grego. Corre tamén a teoría de que o texto coñecido é unha tradución posterior.
Atributos A imaxinería relixiosa represéntao cun libro na man ou cunha pluma, símbolos do labor como evanxelista. Como sexa que o seu evanxeo comeza describindo a xenealoxía humana de Xesús, tamén aparece acompañado dun home ou anxo, ou substituído por estas figuras. Igualmente, como trazo do seu oficio de recadador de impostos e tesoureiro dos apóstolos, tamén se lle representa escribindo sobre un cofre.
Noutros casos, aparece tamén dotado dunha macheta, dun coitelo, dunha lanza ou dunha fouce, como hipotéticos instrumentos do seu martirio.
Galería de imaxes
San Mateu en Galicia miniatura|dereita|O Mestre Mateu ó pé do Pórtico da Gloria É patrón do concello de Trazo Tamén o é do concello oscense de Monzón. e titular de cinco parroquias galegas: Trasancos (Narón) Vidal (Trabada) Pusmazán (Carballeda de Valdeorras) Toutón (Mondariz) San Mateo de Oliveira (Ponteareas)
Refraneiro A doutrina de san Mateu, primeiros son os meus. Chuvia outoneira, por san Mateu a primeira. Convidoume Xan Mateu e o viño pagueino eu. Esmola san Mateu i esmolou prós seus. Polo san Mateu bota os teus centeus. Polo san Mateu deixa a cegoña a torre e por Brais a recolle.San Brais celébrase o 3 de febreiro. Quérese dicir que a cegoña emigra a África en setembro e regresa para san Brais. Polo san Mateu, vendima eu, vendimarei eu. Por san Mateu vindima do teu. Pregúntalle a Mateu que eu tan bo coma eu. San Mateu enche as lameiras e san Marcos as baleira.San Marcos, 25 de abril. Quérese dicir que as lameiras, prados enchoupados permanentemente de auga, aparecen coas chuvias de setembro, para secar a finais de abril.
Notas
Véxase tamén Bibliografía FERRO RUIBAL, Xesús (dir.) e outros: Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo, Vigo 1992.
Outros artigos Mateo de Prado, escultor barroco. Mestre Mateu, escultor do século XII.
Ligazóns externas
San Mateo, na Academia Católica San Mateo
Categoría:Apóstolos Categoría:Evanxelistas Categoría:Santos Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia