, nado en Tokyo o 20 de agosto de 1936 e finado en Yokohama o 24 de agosto de 2026, foi un químico e profesor universitario xaponés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2000.
Traxectoria Doutor en Química polo Instituto Tecnolóxico de Tokyo en 1966. Ese mesmo ano ocupou a praza de profesor asociado no Instituto de Ciencias dos Materiais na Universidade de Tsukuba (Xapón). Desde 1982 foi profesor numerario desa mesma institución, aínda que coa cátedra de profesor emérito.
Ademais, era parente de Naoko Takahashi, a gañadora do ouro do maratón feminino dos Xogos Olímpicos de Sidney 2000.
Investigacións científicas As súas investigacións no campo dos polímeros, especialmente do acetileno, levárono ao descubrimento, cando ocupaba a praza de investigador asociado no laboratorio de Química do Instituto Tecnolóxico de Tokyo, das propiedades condutoras deste material ao ser contaminado con trazas doutras substancias.
Os descubrimentos de Shirakawa interesaron ao químico neozelandés Alan MacDiarmid e ao físico estadounidense Alan J. Heeger, cos que iniciou unha frutífera relación científica e investigadora que deu como resultado a publicación conxunta do artigo Síntese de polímeros orgánicos condutores da electricidade: derivados halógenos do poliacetileno (CH) n, no prestixioso Journal of Chemical Society no verán de 1977, no cal anunciaban o descubrimento do poliacetileno.
En 2000 recibiu o premio Nobel de Química, galardón que compartiu cos seus compañeiros de investigación Alan J. Heeger e Alan G. MacDiarmid, polo descubrimento e desenvolvemento dos polímeros condutores.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 2000 Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 2000 Perfil de Hideki Shirakawa en NNDB
Categoría:Nados en Tokyo Categoría:Químicos do Xapón Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 2026 Categoría:Alumnos do Instituto Tecnolóxico de Tokyo Categoría:Premios Nobel do Xapón