Eiffel 65 é un grupo italiano de música electrónica dance formado no ano 1998 na cidade de Turín. O nome de “Eiffel” foi escollido á sorte por un programa informático e o “65” apareceu publicado xunto ao nome do grupo porque, por erro, alguén non reparou que eses números facían parte dun número de teléfono que ía adxunto á demo, fixando así o nome definitivo do grupo. Os seus temas son cantados en inglés, en italiano e, por veces, nos dous idiomas.
Biografía Comezos A canción que lles deu a fama en 1999 foi “Blue (Da Ba Dee)”, coa que conseguiron un nomeamento aos “Grammys” por mellor gravación dance do ano. Os seus outros primeiros éxitos foron “Move Your Body” e “Too Much of Heaven”. Estes temas e outros apareceron no seu primeiro disco Europop, no ano 1999, do que venderon máis dun millón de copias e realizaron unha xira mundial de dous anos con máis de 600 concertos.
Traballo posterior Tralo éxito conseguido sacaron dous álbums máis, Contact! en 2001 e Eiffel 65 en 2003, mais non acadaron o éxito do primeiro disco.
Eiffel 65 tamén fixo varios remixes de cancións doutros artistas, como o éxito de Nek "La vita è" e o de S Club 7 "Reach", principalmente entre 1999 e 2002.
En marzo de 2005, Gabry Ponte, DJ do grupo, abandonou a formación para emprender unha carreira en solitario. O 16 de maio do mesmo ano, os outros dous membros do grupo, Maurizio Lobina e Jeffrey Jey, deixaron a Bliss Corporation para continuar en por eles coa súa propia produtora. Como o nome "Eiffel 65" era propiedade da Bliss Corporation, o dúo decidiu continuar con outro nome, Bloom 06.
En xuño de 2006 naceu o grupo “Bloom 06”, formado por Maurizio e Jeffrey. No seu primeiro álbum “Crash Test 01”, utilizaron moitas das maquetas que estiveran realizando para o malogrado seguinte disco de Eiffel 65. Deste disco sacáronse os singles In The City, e Per Sempre.
Bliss Corporation confirmou que unha nova formación de Eiffel 65 faría o seu debut no verán de 2007 pero o debut foi posposto.
En xuño de 2010 publicouse na páxina web de Bloom 06 que Eiffel 65 se reuniría de novo para producir novos traballos.
Compoñentes Jeffrey Jey (nome real: Gianfranco Randone), nado o 5 de xaneiro de 1970 en Lentini, Sicilia – voz, baixo. Maury Lobina (previamente coñecido como Apollo, nome real: Maurizio Lobina), nado o 30 de outubro de 1973 en Asti, Piemonte – teclado, guitarra. Gabry Ponte (nome real: Gabriele Ponte), nado o 20 de abril de 1973 en Turín, Piemonte – produtor.
Discografía Álbums de estudio Ano Detalles dos álbums Máximas posicións na lista de éxitos Certificacións AUS AUT CAN FIN FRA ALE ITA NC SUI RU EUA 1999 Europop 1º álbum de estudio Data de lanzamento: 22 de novembro de 1999 Selo: Uptown Records 18 16 5 8 6 37 13 4 19 12 4 AUS: Gold CAN: Platinum EUA: 2× Platinum 2001 Contact! 2º álbum de estudio Data de lanzamento: 24 de xullo de 2001 Selo: Popular Records — — — — — — — — — — — 2003 Eiffel 65 3º álbum de estudio Data de lanzamento: 8 de abril de 2003 Selo: Universal International — — — — — — 13 — — — — "—" denota que non entraron na lista de éxitos
Singles Ano Single Máximas posicións na lista de éxitos Certificacións Álbum AUS AUT CAN FIN FRA ALE ITA SUI RU EUA EUA Pop 1999 "Blue (Da Ba Dee)" 1 1 1 1 1 1 3 1 1 6 2 AUS: 3× Platinum ALE: 2× Platinum RU: Platinum Europop 2000 "Move Your Body" 4 1 4 10 1 4 1 2 3 — 36 AUS: Platinum ALE: Gold "Too Much of Heaven" 50 30 — — 20 35 2 22 — — — "My Console" — — — — — — — — — — — 2001 "One Goal" — — — — 37 — — — — — — Contact! "Back in Time" — — — — — — 12 — — — — "Lucky (In My Life)" — 23 26 — 68 57 13 74 — — — 2002 "80's Stars" — — — — — — — — — — — "Losing You" — — 10 — — — — — — — — "Cosa resterà (In a Song)" — — — — — — 12 — — — — Eiffel 65 2003 "Quelli che non hanno età" — — — — — — 5 — — — — "Viaggia Insieme a Me" — — — — — — 13 — — — — "Viaggia Insieme a Me RMX" — — — — — — — — — — — "Una notte e forse mai più" — — — — — — 10 — — — — Eiffel 65 2 2004 "Voglia di Dance All Night" — — — — — — — — — — — "—" denota que non entraron na lista de éxitos
EPs Episode I (2000) Episode II (2001)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial de Eiffel Sitio oficial de Bloom 06
Categoría:Música electrónica Categoría:Grupos musicais de Italia