O castro de Monterreal, tamén chamado Monte do Boi, é un castro situado na parroquia de Baiona, no concello pontevedrés de Baiona.

Morfoloxía Consta dun recinto fortificado situado sobre un outeiro de pouca elevación que forma un istmo na baía de Baiona.

O lugar está moi alterado polas sucesivas obras de fortificación que se teñen feito ó longo do tempo arredor do castelo de Monterreal. Alén diso, no lugar construíuse hai non moito tempo un parador de turismo.

Arqueoloxía Non se ten noticia de que se teñan realizado campañas arqueolóxicas.

Véxase tamén

Outros artigos Cultura castrexa Castros da provincia de Pontevedra Ligazóns externas Catálogo do patrimonio cultural. PXOM de Baiona. Novembro do 2007.

Monterreal