Sir Michael John Gambon, OBE, nado en Dublín, Irlanda, o 19 de outubro de 1940 e finado en Witham o 27 de setembro de 2023, foi un actor británico de orixe irlandesaI suppose I can't get away from it, I'm English, aren't I? , theartsdesk Q&A: Actor Michael Gambon, 21 de decembro de 2020 que traballou no teatro, televisión e no cine. É un actor moi respectado e prolífico no teatro, pero é recoñecido internacionalmente polo seu papel como Philip Marlow da serie de televisión da BBC, The Singing Detective e por encarnar a Albus Dumbledore nos filmes de Harry Potter, en substitución do xa falecido actor Richard Harris.

Gañador de catro premios BAFTA e tres premios Laurence Olivier e nomeado tamén ós Globos de Ouro, ós Emmy e ós Premios Tony. A súa carreira abrangue case 5 décadas e inclúe unha gran variedade de papeis de teatro, televisión e cine.

En 1998, a raíña Sabela II nomeouno coa Orde do Imperio Británico. En 2020, apareceu no posto 28 da lista de mellores actores irlandeses segundo The Irish Times.

Traxectoria Gambon naceu o 19 de outubro de 1940 en Cabra, un suburbio ó norte de Dublín, durante a segunda guerra mundial. O seu pai, Edward Gambon, un enxeñeiro, decidiu procurar traballo na reconstrución de Londres, e así Gambon e a súa nai, Mary Gambon (Hoare de solteira), unha costureira, trasladáronse a Mornington Crescent, ó norte de Londres, cando Gambon tiña só 5 anos.

Adquiriu a Cidadanía Británica por orde do seu pai e recibiu unha estrita educación católica. Anos máis tarde asistiu a unha escola de Kent, antes de deixar os estudos ós 15 anos. Gañou unha bolsa con Vickers Armstrong para ser enxeñeiro e así seguir as pegadas do seu pai. O tempo dedicado foi até os dezasete anos, mais logrou ser un enxeñeiro plenamente cualificado, aínda que só mantivo o posto de traballo dous anos, xa que se sentía atraído pola interpretación.

Comezos Á idade de dezanove anos graduouse na Royal Academy of Dramatic Art (RADA), en Londres e máis tarde incorporouse á compañía de teatro de Kings Cross. Cinco anos máis tarde, escribiu unha carta a Michael MacLiammoir, o empresario irlandés do Gate Theatre, en Dublín, para facer alí as súas primeiras representacións.

Fixo o seu debut profesional en 1962, con Otelo (a súa obra predilecta), comezando despois unha xira por Europa. Un ano máis tarde, fixo o seu primeiro papel protagonista en Ricardo III. Sir Laurence Olivier, tras asistir á representación de Ricardo III, ofreceulle a oportunidade de ser un dos oito membros fundadores do novo Royal National Theatre, en Londres, coñecido entón como Olivier Theatre.

Gambon foi contratado para tomar parte en diversas producións. A máis coñecida e premiada foi Hamlet, dirixida por Olivier e protagonizada por Peter O´Toole. Permaneceu durante catro anos como secundario e protagonista en moitas producións de teatro, algunhas delas coa colaboración de grandes directores como William Gakill e John Dexter. Durante eses anos fixo numerosos papeis en obras do director Alan Ayckbourn.

Traxectoria Está considerado como un dos mellores actores do teatro británico aínda que tamén é un prolífico actor de cine e televisión. A causa do falecemento de Richard Harris no 2002, Michael Gambon foi convocado para encarnar ó mago Albus Dumbledore a pesar de que recoñeceu que non lera ningún dos libros da saga e que só tiña en conta os guións para a súa interpretación, xa que: "Non quería ser como eses actores que se queixan porque as súas escenas son máis curtas que na historia orixinal":

Gambon tamén compuxo ó director de Hogwarts cun leve acento irlandés que tanto el como o realizador consideran un tributo ó seu antecesor, que era orixinario de Irlanda.

Obra Teatro Otelo 1962 Hamlet 1963 Saint Joan 1963 The Recruiting Officer 1963 Filoctetes 1964 Otelo 1964 The Royal Hunt of the Sun (Diego) 1964 The Crucible (Herrick) 1965 Mother Courage and Her Children (Eilif) 1965 Love for Love (Snap) 1965 Juno and the Paycock (Jerry Devine) 1966 The Storm 1966 Events While Guarding the Bofors Gun por John McGrath (Flynn) 1967 A Severed Head (Palmer Anderson) 1967 The Doctor's Dilemma (Patric Cullen) 1967 Saint Joan (Cauchon) 1967 Peer Gynt 1968 Otelo 1968 Macbeth 1968 In Celebration (Andrew) 1969 Coriolanus 1969 The Plebeians Rehearse the Uprising (Wiebe) 1970 Major Barbara (Charles Lomax) 1970 Henry VIII (Surrey) 1971 When Thou Art King (Hotspur) 1971 The Brass Hat (Guy Holden) 1972 Not Drowning But Waving 1973 The Norman Conquests (Tom) 1974 The Norman Conquests (Tom) 1975 The Zoo Story (Gerry) 1975 Otherwise Engaged (Simon) 1976 Just Between Ourselves (Neil) 1977 Alice's Boys (Bertie) 1978 Betrayal (Jerry) 1978 Close of Play (Henry) 1979 Richard III 1980 Otelo (Roderigo) 1980 Sisterly Feelings (Patrick) 1980 The Life of Galileo 1980 King Lear 1982, 1983 Antony and Cleopatra (Antony) 1982, 1983 Tales from Hollywood 1983 Old Times (Deeley) 1985 A Chorus of Disapproval 1985 Tons of Money (Sprules) 1986 A View from the Bridge (Eddie Carbone) 1987 A Small Family Business (Jack McCracken) 1987 Mountain Language (Sarxento) 1988 Uncle Vanya 1988 Veterans' Day (Walter Kercelik) 1989 Man of the Moment (Douglas Beechey) 1990 Otelo 1991 Taking Steps 1981 Volpone 1995 Skylight (Sarxento Tom) 1995 Skylight (Sarxento Tom) 1996 Tom and Clem (Tom Driberg) 1997 The Unexpected Man 1998 Cressida 2000 The Caretaker (Davies) 2001 A Number (The Father) 2002 Endgame (Hamm) 2004 Henry IV, Parte 1 and Henry IV, Parte 2 2005 Celebration (Lambert) 2005 Eh Joe (Joe) 2006 No Man's Land (Hirst) 2008/09 Krapp's Last Tape (Krapp) 2010 All That Fall (Dan Rooney) 2012-2013 Eh Joe (Joe) 2013-2014Pinter One (O garda, voz) 2018

Cinema dereita|miniatura|220px|Figura de cera de Michael Gambon como o personaxe de Albus Dumbledore. Ano Título Personaxe Notas 1965 Othello Company 1973 Nothing but the Night Inspector Grant 1974 The Beast Must Die Jan Jarmokowski 1985 Turtle Diary George Fairbairn 1988 Paris by Night Gerald Paige Missing Link Narrador (voz) 1989 The Rachel Papers Doutor Knowd Unha árida estación branca Maxistrado The Cook, the Thief, His Wife & Her Lover Albert Spica 1991 Mobsters Salvatore Maranzano 1992 Toys Xeneral Leland Zevo 1994 A Man of No Importance Ivor J. Garney Clean Slate Philip Cornell Squanto: A Warrior's Tale Sir George The Browning Version Doutor Frobisher 1995 Bullet to Beijing Alex Two Deaths Daniel Pavenic Nothing Personal Leonard Midnight in Saint Petersburg Alex 1996 Mary Reilly Mr. Reilly The Innocent Sleep Det. Insp. Matheson 1997 The Gambler Fiódor Dostoievski The Wings of the Dove Lionel Croy 1998 Dancing at Lughnasa Padre Jack Mundy Plunkett & Macleane Lord Gibson 1999 A Monkey's Tale Master Martin (voz) Dead on Time Maurice The Insider Thomas Sandefur The Last September Sir Richard Naylor Sleepy Hollow Baltus Van Tassel 2001 Gosford Park Sir William McCordle Charlotte Gray Levade High Heels and Low Lifes Kerrigan Christmas Carol: The Movie Pantasma do Nadal (voz) 2002 Ali G Indahouse Primeiro Ministro 2003 Little Wolf's Book of Badness Tío Bigbad (voz) The Actors Barreller Open Range Denton Baxter Sylvia Professor Thomas Deep Blue Narrador Documental2004 Standing Room Only Larry Being Julia Jimmie Langton Sky Captain and the World of Tomorrow Morris Paley Layer Cake Eddie Temple The Life Aquatic with Steve Zissou Oseary Drakoulias Harry Potter e o preso de Azkaban Profesor Albus Dumbledore 2005 Harry Potter e o Cáliz de fogo Stories of Lost Souls: "Standing Room Only" Larry 2006 The Omen Bugenhagen O bo pastor Dr. Fredericks John Duffy's Brother Narrador (voz) Amazing Grace Charles Fox 2007 The Good Night Alan Weigert The Baker Leo The Alps Narrador Documental Harry Potter e a Orde do Fénix Profesor Albus Dumbledore 2008 Brideshead Revisited Lord Marchmain 2009 Harry Potter e o misterio do príncipe Profesor Albus Dumbledore Fantastic Mr. Fox Franklin Bean (voz) 2010 The Book of Eli George The King's Speech Xurxo V do Reino Unido Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte) Profesor Albus Dumbledore Cameo 2011 Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) 2012 Quartet Cedric Livingstone 2014 Unity Narrador Documental Paddington Tío Pastuzo (voz) 2016 Dad's Army Godfrey Hail, Caesar! Narrador (voz)2017 Viceroy's House Pug Ismay Mad to Be Normal Sydney Kotok Victoria & Abdul Lord Salisbury Kingsman: The Golden Circle Sir Giles / Arthur Paddington 2 Tío Pastuzo (voz) 2018 The Last Witness Frank Hamilton King of Thieves Billy "The Fish" Lincoln The Death & Life of John F. Donovan Home nun restaurante e narrador (voz) Johnny English ataca outra vez Axente Five Cameo 2019 Judy Bernard Delfont Cordelia Moses

Televisión