O rublo é a moeda oficial de Transnistria. Divídese en 100 kopeks. Dado que Transnistria é un estado non recoñecido internacionalmente, a súa moeda non ten código ISO 4217. Porén, de xeito non oficial, algunhas organizacións empregan PRB como ISO 4217.

Anteriormente, os habitantes de Transnistria chamaban á súa moeda suvoriki (суворики), xa que en tódolos rublos dos anos 1993 - 94 estaba representado Aleksandr Suvórov.

Historia O proceso de transición cara a súa propia moeda foi moi complicado. Ao principio como moeda legal empregábanse os billetes da Unión Soviética e a Federación Rusa dos anos 1961 a 1992 cun selo especial en forma dun retrato de Aleksandr Suvórov.

O 17 de agosto de 1994 foron introducidos na circulación os primeiros rublos de Transnistria.

O 18 de novembro do 2005, na cidade de Tiráspol foi inaugurada a Casa de Moeda de Transnistria. Ata daquela as moedas e billetes cuñábanse e imprimíanse no estranxeiro.

O primeiro rublo (1994) O Trans-Dniester Republican Bank (Banco Republicano de Transnistria, Приднестровский Республиканский Банк, Pridniestrovski Respublikanski Bank) introduciu o primeiro rublo en 1994. Esta moeda consistía en antigos billetes soviéticos e rusos datados entre 1961 e 1992 cun selo especial adherido. Estes billetes foron substituídos por billetes rusos á par.

O segundo rublo (1994-2000) Ao principio substituíronse os primeiros rublos de 1994 cunha taxa de troco de 1 novo rublo = 1.000 rublos antigos. A moeda compúñase nada máis que de billetes debido á alta inflación, facendo que fora preciso estampar denominacións maiores nas denominacións en curso. Aínda que se imprimiron en 1994, algúns billetes (de 50 a 5.000 rublos) imprimíronse en 1993.

O terceiro rublo (a partir de 2000) No 2000 introduciuse un novo rublo cunha taxa de troco de 1 novo rublo = 1.000.000 rublos antigos. Esta moeda xa incluía, tanto pezas metálicas como billetes.

Moedas As moedas cuñadas son de denominacións de 1, 5, 10, 25 e 50 kopeks. A moeda dun kopek deixou de circular o 1 de xaneiro do 2009.

Denominación Emisión Metal Canto Diámetro(mm.) Peso(gr.) Anverso Reverso 1 kópeck 2000- Al Liso 16,00 0,60 Escudo de armasПРИДНЕСТРОВСКАЯ МОЛДАВСКАЯ РЕСПУБЛИКАano de cuñaxe Valor facial1 КОПЕЙКАEspigas de Trigo 5 kópecks 2000- Al Liso 18,00 0,80 Escudo de armasПРИДНЕСТРОВСКАЯ МОЛДАВСКАЯ РЕСПУБЛИКАano de cuñaxe Valor facial5 КОПЕЕКEspigas de Trigo 10 kópecks 2000- Al Liso 20,00 1,00 Escudo de armasПРИДНЕСТРОВСКАЯ МОЛДАВСКАЯ РЕСПУБЛИКАano de cuñaxe Valor facial10 КОПЕЕКEspigas de Trigo 25 kópecks 2002- Cu+Ni+Zn 17,00 2,20 Escudo de armasПРИДНЕСТРОВСКАЯ МОЛДАВСКАЯ РЕСПУБЛИКАano de cuñaxe Valor facial25 КОПЕЕКLoureiro estilizado 50 kópecks 2000- Cu+Ni+Zn 19,00 2,80 Escudo de armasПРИДНЕСТРОВСКАЯ МОЛДАВСКАЯ РЕСПУБЛИКАano de cuñaxe Valor facial50 КОПЕЕКLoureiro estilizado

Billetes Series de 1994 +Series de 1994 Denominación Efixie Cor predominante Imaxe do anverso Imaxe do reverso 1 Rublo Aleksandr Suvórov Verde129px129px 5 Rublos Aleksandr Suvórov Azul129px129px 10 Rublos Aleksandr Suvórov Vermello

Series de 2000

+Series de 2000-2006 Denominación Efixie Cor predominante Dimensións Imaxe do anverso Imaxe do reverso 1 Rublo Aleksandr Suvórov Laranxa 56 x 129129px129px 5 Rublos Aleksandr Suvórov Azul 56 x 129129px129px 10 Rublos Aleksandr Suvórov Marrón 56 x 129129px129px 25 Rublos Aleksandr Suvórov Vermello 56 x 129129px129px 50 Rublos Taras Shevchenko Verde 60 x 129129px129px 100 Rublos Dimitrie Cantemir Violeta 60 x 129129px129px 200 Rublos Pyotr Rumyantsev Marrón 64 x 135129px129px 500 Rublos Catarina II de Rusia Verde 68 x 140129px129px

Series de 2007

+Series de 2007- Denominación Efixie Cor predominante Dimensións Imaxe do anverso Imaxe do reverso 1 Rublo Aleksandr Suvórov Laranxa 129px129px 5 Rublos Aleksandr Suvórov Azul 129px129px 10 Rublos Aleksandr Suvórov Marrón 129px129px 25 Rublos Aleksandr Suvórov Vermello 129px129px 50 Rublos Taras Shevchenko Verde 129px129px 100 Rublos Dimitrie Cantemir Violeta 129px129px

Notas

Véxase tamén Outros artigos Leu moldovo

Ligazóns externas Billetes e moedas de Transnistria Banco Republicano de Transnistria

Categoría:Rublo Categoría:Moedas de Moldova