O 23 de marzo é o 82º día do ano do calendario gregoriano e o 83º nos anos bisestos. Quedan 284 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1982 - O poeta mexicano Octavio Paz recibe o Premio Cervantes de Literatura. 2001 - Lanzamento da Wikipedia en francés. 2003 - Pedro Almodóvar consegue por Hable con ella o único Oscar ó mellor guión orixinal gañado por un director español.

Nacementos miniatura|100px|Pierre Simon Laplace. thumb|100px|Kyrie Irving. 1749 - Pierre Simon Laplace, matemático francés. 1771 - Bernardo González del Valle (Cachamuíña), militar galego. 1881 - Hermann Staudinger, químico alemán (m. 1965). 1881 - Roger Martin du Gard, novelista francés (m. 1958). 1882 - Emmy Noether, matemática alemá, unha das de máis talento de finais do século XIX. (m. 1935) 1887 - Juan Gris, pintor español. 1905 - Paul Grimault, realizador de películas de animación. 1900 - Erich Fromm, psicólogo e filósofo alemán. 1904 - Joan Crawford, actriz estadounidense. 1907 - Eduardo Seijas, farmacéutico, historiador e xenealoxista galego (m. 1978). 1910 - Akira Kurosawa, cineasta xaponés. 1912 - Wernher von Braun, enxeñeiro aeroespacial alemán. 1931 - Viktor Korchnoi, xogador de xadrez ruso. 1940 - José Manuel Otero Novas, político e escritor galego. 1942 - Michael Haneke, director austríaco. 1944 - Michael Nyman, pianista e compositor británico. 1945 - Franco Battiato, músico italiano. 1955 - Moses Malone, xogador de baloncesto norteamericano. 1956 - José Manuel Durão Barroso, político portugués. 1968 - Damon Albarn, músico inglés. 1992 – Kyrie Irving, xogador de baloncesto Australiano-estadounidense.

Mortes miniatura|100px|Stendhal. 1842 - Stendhal, escritor francés. 1849 - Andrés Manuel del Río Fernández, científico e naturalista español, descubridor do elemento químico vanadio (aínda que el o bautizou como eritronio) (n. 1764). 1946 - Francisco Largo Caballero, sindicalista e político español (n. 1869). 1955 - Artur Bernardes, presidente do Brasil (n. 1875). 1966 - Enrique Rajoy Leloup, xurista e político galego. 1992 - Antón Avilés de Taramancos, escritor galego (n. 1935). 1994 - Álvaro del Portillo, bispo español (n. 1914). 2002 - Leif Wager, actor finés (n. 1922). 2006 - Eloy de la Iglesia, director de cine vasco (n. 1944). 2009 - Majange Pardo, modelo e promotora empresarial galega. 2011 - Elizabeth Taylor, actriz norteamericana.

2014 - Adolfo Suárez, político español (n. 1932). 2015 - Herberto Helder, poeta portugués (n. 1930).

Festas e celebracións Día Meteorolóxico Mundial, para conmemorar a entrada en vixencia, en 1950, da Organización Meteorolóxica Mundial

Outros

Os 366 días do ano

Categoría:Marzo