O 24 de marzo é o 83º día do ano do calendario gregoriano e o 84º nos anos bisestos. Quedan 282 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1603 - Xacobe I nomeado rei de Inglaterra, séndoo xa de Escocia e de Irlanda. 1765 - Guerra revolucionaria das colonias americanas do Reino Unido. 1814 - Fernando VII entra en España para facerse cargo do Goberno tras a Guerra da Independencia española. 1882 - Robert Koch anuncia o descubrimento da bacteria que causa a tuberculose. 1922 - Orde pola que se funda o Museo de Belas Artes da Coruña. 1936 - Son atopados os restos de Fernando de Rojas nunha igrexa de Talavera de la Reina. 1949 - Por primeira vez unha película británica, Hamlet, interpretada por Laurence Olivier, obtén o Óscar. 1976 - Golpe de estado na Arxentina que depón a Isabel Perón, primeira muller presidente dun país e viúva de Perón. 1989 - O petroleiro Exxon Valdez comeza a verter 260 000 barrís de cru no estreito do Príncipe Guillerme, que contaminará 1000 km de costa e 2000 km² de mar.
Nacementos miniatura|100px|Dario Fo. 1793 - Antonio Rosmini, filósofo italiano. 1809 - Mariano José de Larra, escritor e xornalista español. 1812 - Robert Latham, etnólogo e lingüista inglés (m. 1888). 1822 - Antonio Romero Ortiz, político galego. 1834 - William Morris, activista político e artista británico (m. 1896). 1874 - Harry Houdini, ilusionista húngaro. 1878 - Gonzalo López Abente, escritor galego. miniatura|100px|Gonzalo López Abente
1897 - Wilhelm Reich, médico e psicanalista austríaco-estadounidense (m. 1957). 1903 - Adolf Butenandt, bioquímico alemán (m. 1995). 1911 - Álvaro Paradela Criado, médico e escritor galego (m. 1979). 1917 - John Cowdery Kendrew, químico inglés (m. 1997). 1922 - Vasili Smyslov, xogador de xadrez ruso. 1926 - Dario Fo, director e escritor de teatro italiano. 1930 - Steve McQueen, actor estadounidense (m. 1980). 1930 - Agustín González, actor español (m. 2005). 1951 - Tommy Hilfiger, deseñador e estilista americanos. 1952 - Quim Monzó, escritor e xornalista catalán. 1959 - Carlos Pereira Martínez, historiador e ensaísta galego. 1970 - Sharon Corr, cantante e instrumentista irlandesa.
Mortes
809 - Harun al-Rashid, Califa Abbásida, (n. 763). 1455 - Papa Nicolás V, o primeiro Papa renacentista (n. 1397). 1603 - Elizabeth I, raíña de Inglaterra. 1844 - Bertel Thorvaldsen, escultor dinamarqués (n. 1770). 1877 - Walter Bagehot, ensaísta e xornalista inglés. 1894 - José Tarrío García, xornalista e político galego. 1904 - Edwin Arnold, xornalista e escritor británico. 1905 - Jules Verne, escritor francés. 1915 - Morgan Robertson, escritor e inventor norteamericano. 1916 - Enrique Granados, compositor e pianista catalán. 1917 - Xesús Rodríguez López, médico e escritor galego. 1946 - Alexander Alekhine, campión de xadrez ruso, nacionalizado francés (n. 1892). 1948 - Nikolai Berdiaev, escritor e filósofo ruso (n. 1874). 1962 - Auguste Piccard, físico e explorador (n. 1884). 1970 - Manuel Puente González, empresario e galeguista da Arxentina. 1971 - Arne Jacobsen, arquitecto e deseñador dinamarqués. 1980 - Luís Bouza-Brey Trillo, avogado, escritor e político galego (n. 1905). 1990 - An Wang, pioneiro informático (n. 1920). 1992 - Ricardo Portela, gaiteiro galego. 1995 - Joseph Needham, bioquímico británico (n. 1900).
Festas e celebracións Día Mundial da Tuberculose. Día Nacional na Arxentina da Memoria pola Verdade e a Xustiza.
Outros Santoral: Santos Agapito, Catarina, Rómulo, Simeón.
Os 366 días do ano
Notas
Categoría:Marzo