Santa María de Vilaselán é unha parroquia do concello de Ribadeo, na provincia de Lugo. Segundo o censo de 2007, tiña 412 habitantes (403 en 2004), repartidos en dous lugares (As Trancoeiras e Xan de Abaixo) e 14 entidades de poboación. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 390 habitantes, sendo 185 homes e 205 mulleres.
As entidades de poboación so: As Barreiras (26), Campoxurado (39), O Cargadoiro (27), As Casas de Abaixo (5), O Circo (30), A Cruz (20), A Eirexa (29), O Espín (16), Os Galos (128), A Granxa (abandonado), A Lodeira (13), Outeiro (7), A Senra (12) e A Torre (38).
Xeografía A parroquia ten unha superficie de 2,12 km², cunha densidade media de 190,1 hab./km². Limita ao norte co mar Cantábrico, ao sur con Ove e Vilausende, ao leste con Piñeira e Ribadeo, e ao oeste con Vilaframil e Rinlo. Pertencente o arciprestado de Ribadeo e é anexa da parroquia de San Xoán de Piñeira.
Nun dos extremos atópase a Illa Pancha que vixía a entrada da enseada de Vilaselán, e polo outro extremo a entrada da ría de Ribadeo. Tamén pasa polas súas estremas o río de Vilaselán. E pódese apreciar dende as dúas derradeiras décadas do século XX a absorción dalgunhas aldeas pola expansión da vila de Ribadeo, como A Eirexa, A Senra, O Circo e algunha outra máis.
Historia O nome parece provir dun composto por Vila (do latín villa 'Casa de Campo') e Selán (nome de posesor xermánico latinizado Selanus), no caso xenitivo, Villa [domini] Selani. Coa caída do -i final dá a súa forma actual, Selán. miniatura|Igrexa de Vilaselán, Ribadeo. Ofrendas de maquetas de barcos|alt= Igrexa de Vilaselán, Ribadeo. Ofrendas de maquetas de barcos
Patrimonio O máis característico é a Igrexa de Santa María de Vilaselán, do século XVIII. Nunha aldea próxima está a Capela de San Miguel.
No territorio aséntanse varios castros, como o Castro das Grobas e o de Louselas. Neste apareceron restos paleolíticos (achelense) e un torques celta achado en 1872. Aínda en fase da avaliación, considerase un asentamento de grande importancia tanto pola súa extensión como pola cantidade de restos atopados ata o momento. Algúns foron trasladados o museo de Vilalba.
Festas e lecer miniatura|dereita|Vista lateral da igrexa. Apréciase a porta de entrada usada habitualmente. Celébranse as Festas da Virxe o 10 de abril. Nelas venérase con gran devoción (principalmente entre os mariñeiros), a imaxe da Virxe (aparecida no mar, segundo a tradición). Tamén son celebradas as Festas de Santo Antón, que teñen lugar o 13 de xuño.
Pódese destacar que se están comezando a urbanizar os extremos do norte da parroquia, onde está xa rematado gran parte do paseo marítimo.
Asociacionismo A parroquia dispón dende hai tempo dunha asociación de veciños, a a. VV. Virxe de Vilaselán, que no 2019 está en risco de disolución por falta de rexeración da directiva.
Galería fotográfica
Lugares de Vilaselán
Parroquias de Ribadeo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ribadeo
Categoría:Parroquias de Ribadeo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía