O Gijón Baloncesto foi un club profesional de baloncesto español con sede na cidade de Xixón, Asturias. Fundado en 1982, militou durante catro temporadas na ACB, máxima categoría do baloncesto español, sendo o único equipo asturiano en conseguilo. Após descender á LEB Prata en 2007, o equipo aguanta dúas temporadas dúas temporadas até desaparecer por problemas financeiros.

Historia O 26 de novembro de 1981 un grupo de persoas representantes de clubs e colexios nos que se practicaba o baloncesto xuntaron os seus intereses comúns co fin de revitalizar este deporte en Xixón. O proxecto foi madurando após acadar o apoio de clubs e autoridades. O 7 de xuño de 1982 o club adquire os dereitos federativos do Real Grupo de Cultura Covadonga, equipo que entón militaba na Segunda División, a terceira categoría do baloncesto español. O club, baixo o mando de Pedro Zorrozúa no banco, comezaría a súa andaina xogando no Pavillón da Area. A temporada do club foi un éxito xa que conseguiu 23 vitorias en 24 partidos e o ascenso á Primeira División B nunha fase celebrada en Melilla. Na segunda categoría competiu até a temporada 1994−95, ano no que o equipo consegue o seu primeiro ascenso á máxima categoría, a Liga ACB.

Na primeira campaña do club na ACB, o contou cos xogoadores David Fernández, Sergio Cortés, Johnny McDowell, José Luis Casaprima, Paco Gómez, Arturo Cavero, Borja Rodríguez, Toño Grana, Juan Antonio Hernández, Roberto Carvajal, Pablo Noguero e Juanjo Meana, dirixidos desde o banco por Iñaki Iriarte. Con todo, o equipo descende após finalizar en último lugar con tan só oito vitorias. Porén, o equipo non tardaría en regresar á elite, conseguindo ascender de novo na temporada 1998−99 da man do técnico galego Moncho López. Esta vez o equipo conseguiría disputar tres campañas consecutivas na ACB, onde destacar xogadores como Javi Pérez, Tomás Jofresa, Luis Scola, Lou Roe, Glen Whisby, Hernán Jasen, Jackie Espinosa, Javi Rodríguez, José Ramón Esmorís ou Pep Cargol. Nesta etapa na ACB o equipo consvértese en Sociedade Anónima Deportiva. Co descenso de categoría, o club compite entre as temporadas 2002−03 e 2006−07 na Liga LEB, contando nas súas filas con xogadores como Saúl Blanco, Mark Bigelow ou Antxon Iturbe. Porén, o equipo volvería descender no 2007, pasando a xogar na Liga LEB Prata. Logo da fuga de patrocinadores e os malos resultados que foron deixando sen aire ao equipo, no 2009 o club cesou a súa actividade ao non inscribirse en ningunha competición por non conseguir cartos para inscribirse na competición.

Xogadores Destacados

Joaquín Arcega Saúl Blanco Manel Bosch Pep Cargol Alejandro Escudero José Ramón Esmorís Jordi Grimau Ricardo Guillén Tomás Jofresa Charly López Rodríguez Carles Marco Pep Ortega Josep Pacreu Óscar Peña Javi Rodríguez Óscar Yebra Hernán Jasen Luis Scola James Blackwell Etdrick Bohannon Jackie Espinosa Todd Fuller Mike Giomi Bob Harstad Lou Roe Brad Sellers Mike Smith Ryan Stack Linton Townes Tom Wideman Glen Whisby Miroslav Pecarski

Adestradores Os seguintes foron os adestradores do Gijón Baloncesto.

Pedro Zorrozúa (1982–1983) José Antonio Figueroa (1983–1984) Ed Johnson (1984–1985) Ricardo Hevia (1985–1987) Emilio de Diego (1987) Trifón Poch (1987–1988) Eduardo Ayuso (1988) Ed Johnson (1988–1989) Víctor Lago (1989) Antonio Garrido (1990–1991) Ed Johnson (1991) Víctor Lago (1991–1992) Antonio Garrido (1990–1991) Víctor Lago (1992) Antonio Garrido (1992) Ángel Martín-Benito (1993) Bill McCammon (1993–1995) Iñaki Iriarte (1995–1996) Luis Casimiro (1996–1997) Vicente Charro 1997 Pepe Rodríguez (1997–1998) Moncho López (1998–2002) Moncho Fernández (2002–2005) Diego Tobalina (2005–2006) Joaquín Prado (2006–2007) Jorge Elorduy (2007–2008) Jenaro Díaz (2008–2009)

Historial AnoNivelLigaCopa do ReiOutras copas1982–83 32ª Div. 27–21983–84 21ª Div. B 6º 13–131984–85 21ª Div. B 10º 12–141985–86 21ª Div. B 11º 15–161986–87 21ª Div. B 14º 18–161987–88 21ª Div. B 12º 17–231988–89 21ª Div. 5º 20–131989–90 21ª Div. 12º 14–201990–91 21ª Div. 8º 20–191991–92 21ª Div. 7º 22–191992–93 21ª Div. 18º 15–191993–94 21ª Div. 7º 19–181994–95 2EBA 29–101995–96 1ACB20º 9–331996–97 2LEB 5º 20–11Copa Príncipe 2º1997–98 2LEB 9º 13–151998–99 2LEB2º 26–13Copa Príncipe CF1999–00 1ACB 16º 11–232000–01 1ACB 15º 11–232001–02 1ACB18º 6–282002–03 2LEB 8º 16–182003–04 2LEB 12º 15–192004–05 2LEB 10º 15–192005–06 2LEB 12º 15–192006–07 2LEB17º 15–242007–08 3Prata 3º 26–12Copa LEB Prata SF2008–09 3Prata 13º 10–20

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Arquivo da web oficial Páxina adicada ao Gijón Baloncesto

Gijon Baloncesto Gijón Categoría:Deporte en Xixón