Redención Gallega foi un periódico aparecido en Vigo entre 1910 e 1913.
Historia e características
Apareceu o 13 de marzo de 1910. Periódico decenal e despois quincenal dirixido por Arturo Prieto Alcayna, criticou o sistema foral e avogou pola liberación total do labrego. Foi voceiro das sociedades agrícolas de Teis-Lavadores, funcionando como órgano do Directorio Antiforista de Teis.El Tea, 19-3-1910, p. 3. Entre os seus colaboradores figuraron Juan Amoedo,El Tea, 14-5-1910, p. 2. Ventura López e Antonio Bermúdez Posada.Diario de Galicia, 21-9-1910, p. 1. Antonio Bermudez foi denunciado polo delito de inxurias contra José Camiña, cura de Trasmañó, por un artigo publicado no semanario; xulgado na Audiencia de Pontevedra en maio de 1911,La Correspondencia Gallega, 5-5-1911, p. 2. foi condenado a tres anos e seis meses de desterro.Noticiero de Vigo, 10-5-1911, p, 3. No I Congreso Agrario Provincial de Pontevedra de 1912 foi nomeado voceiro da Federación Provincial de Agricultores. En 1913 polemizou con La Tierra. Cesou a súa publicación a finais de 1913. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:1910 en Galicia Categoría:Prensa agraria