Engurras é un filme de animación galego que se estreou por primeira vez o 19 de setembro de 2011 no Festival Internacional de Cine de Donostia, baseado no álbum de banda deseñada Engurras, de Paco Roca.
Sinopse Emilio e Miguel son dous anciáns recluídos nun xeriátrico que se fan amigos. Emilio, que padece un principio de alzheimer, conta inmediatamente coa axuda de Miguel e outros compañeiros que tratarán de evitar que vaia a parar ó andar dos eivados. O seu disparatado plan tingue de humor e tenrura o monótono día a día na residencia.
Personaxes Álvaro Guevara como Emilio Tacho González como Miguel Mabel Rivera como Antonia Raúl Dans como Xoán Montse Davila como Nora de Emilio Chelo Díaz como Emi Isabel Vallejo como Maite Carolina Vázquez como Xoán de neno Xermana Carballido como Dolores Paco M. Barreiro como Ramón "o locutor" Ana Maciñeiras como Sol Charo Pena como Rosario Xavier Perdiz como Martín Antonio Rey como Agustín Miguel López Varela como Pellicer Antón R. Olmos como Esteban Ana Lemos como Eugenia
Produción O filme comezouse a rodar en xaneiro de 2010, dirixido por Ignacio Ferreras. A dirección de animación é do propio Paco Roca, autor do álbum orixinal, e a música do compositor galego Nani García. As produtoras son Perro Verde Films e a catalá Cromosoma.
Galardóns e nomeamentos XXVI edición dos Premios Goya (2011) Mellor filme de animación. Mellor guión adaptado realizado por Ángel de la Cruz, Ignacio Ferreras, Paco Roca e Rosanna Cechinni.
Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado2011Mellor filme de animaciónIgnacio Ferreras GañadorMellor directorIgnacio FerrerasNomeadoMellor guiónÁngel de la Cruz, Ignacio Ferreras, Paco Roca e Rosanna Cechini GañadoresMellor dirección de produciónManuel Cristóbal e Helena FortunyNomeadosMellor dirección artísticaPaco RocaGañadorMellor montaxeGemma GassóNomeadaMellor música orixinalNani GarcíaGañadoraMellor sonDiego S. Staub, Carlos García e Migel BarbosaGañadores
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de filmes en galego con maior recadación Ligazóns externas Ficha na IMDb Engurras, web oficial
Categoría:Cinema de animación Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes sobre a vellez