Maximum Overdrive é un filme de terror dirixido e escrito polo novelista Stephen King. Foi estreado en 1986. Maximun Overdrive é o primeiro e derradeiro filme dirixido por Stephen King. A banda sonora está composta integramente pola banda de hard rock AC/DC.

Sinopse No ano 1986, durante tres días, a Terra está baixo a influencia dun misterioso cometa, aparentemente inofensivo, que dota de vida ás máquinas, as cales comezan a facer cousas estrañas. Ó principio, os problemas aparentan ser menores: as bombas de gasolina deixan de funcionar, os videoxogos descontrólanse totalmente e as máquinas de refrescos devolven as latas ao chou. Pero axiña, os ataques serán máis graves, e sen un lugar seguro onde agocharse un grupo de persoas refúxiase na parada de camioneiros Dixie Boy, onde clientes e empregados tratan de gañarlle a partida ás máquinas. Cunhas armas agochadas no soto da parada de camións, Bill Robinson (Emilio Estevez) conduce a un grupo cara ao mar aberto nun derradeiro esforzo por salvarse a si mesmo, ós seus compañeiros e a toda a especie humana.

Personaxes Emilio Estevez como William "Billy" Robinson Pat Hingle como Bubba Hendershot Laura Harrington como Brett Yeardley Smith como Connie Frankie Faison como Handy Leon Rippy como Brad Christopher Murney como Camp Loman John Short como Curtis J. C. Quinn como Duncan Keller Holter Graham como Deke Keller Barry Bell como Steve Gayton Patrick Miller como Joey J. Don Ferguson como Andy

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 1986 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes rodados en Carolina do Norte Categoría:Filmes ambientados en 1987 Categoría:Filmes baseados en obras de Stephen King