Hullabaloo Soundtrack é un álbum recompilatorio da banda inglesa de rock alternativo Muse e a banda sonora do seu vídeo ao vivo Hullabaloo: Live at Le Zenith, Paris, editados ámbolos dous o 1 de xullo do 2002. O álbum ten un disco con caras-b editadas anteriormente e outro coas gravacións ao vivo das actuacións da banda en Le Zénith en París, os días 28 e 29 de outubro de 2001. Aínda que, hai que sinalar que "Forced In" é unha versión editada do tema lanzado no sinxelo "Uno", e "Shine" é unha versión acústica da que aparece no sinxelo "Hyper Music".
Listaxe de cancións Todos os temas compostos por Matthew Bellamy. Disco 1 (recompilatorio de caras-b) "Forced In" - 4:18 "Shrinking Universe" - 3:06 "Recess" - 3:35 "Yes Please" - 3:05 "Map of Your Head" - 4:25 "Nature_1" - 3:39 "Shine Acoustic" (versión acústica de "Shine") - 5:12 "Ashamed" - 3:47 "The Gallery" - 3:30 "Hyper Chondriac Music" - 5:28
Disco 2 (vivo) "Dead Star" - 4:11 "Micro Cuts" - 3:30 "Citizen Erased" - 7:21 "Showbiz" - 5:04 "Megalomania" - 4:36 "Darkshines" - 4:36 "Screenager" - 4:22 "Space Dementia" - 5:32 "In Your World" - 3:10 "Muscle Museum" - 4:29 "Agitated" - 4:11
Categoría:Recompilatorios de 2002