Santos e Meigas foi un semanario ilustrado que se publicaba na Habana. O primeiro número saíu o 9 de agosto de 1908.
Historia e características Estaba dirixido por Ricardo Carballal e entre os seus colaboradores figura Roberto Blanco Torres. O nome esta inspirado nunha zarzuela así chamada, de Manuel Linares Rivas. Anúnciase na primeira entrega o postulado de loita no eido rexionalista, exaltando e defendendo a Galicia, os seus valores, o seu idioma.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Santos e meigas (zarzuela) Publicacións impresas da diáspora galega Ligazóns externas
Ficha na Enciclopedia da Emigración Departamento de Migración da Confederación Intersindical Galega.
Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Cultura da Habana