Xaime Domínguez Toxo, nado en Bueu o 7 de novembro de 1955, é un mestre, pedagogo e escritor galego.

Traxectoria miniatura|Xaime Toxo, Francisco Castro, Víctor Freixanes, Fina Casalderrey, Xesús Alonso Montero, na presentación de Unha ducia de galegos, en Pontevedra o 08/10/2017 É mestre especialista en atención escolar a alumnos con cegueira e discapacidade visual. Foi fundador da Asociación Liboreiro de Bueu en 1974. É presidente do Ateneo de Pontevedra. Foi accésit no premio Modesto R. Figueiredo no 2002, obtivo o primeiro premio do certame de relatos do Concello de Paradela no 2002, e o primeiro premio no certame Manuel Murguía de narracións breves en 2004. En 2011 publicou As palabras que move o mar. En 2016 publicou o libro de relatos Protexer o invisible. En 2019 volveu á poesía con A casa sen nós.

Obra Narrativa Mouro é o rostro da memoria (2001). Ateneo de Pontevedra. 29 páx. Relatos. As palabras que move o mar (2011). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9914-213-5. Protexer o invisible (2016). Ancoradouro. 141 páx. ISBN 978-84-608-6394-6. 70º norte (2023). Vigo: Galaxia. 232 páxs. ISBN 978-84-1176-142-0. Só navego na voz con quen dis o meu nome (2026). Ed. de autor. 204 páxs. ISBN 978-84-09-86597-0.

Poesía Caderno de mar (2014). Deputación de Pontevedra. Ilustracións de Antón Sobral.

A casa sen nós (2019). Edicións Laiovento. Ilustracións de Juan de la Sota. 82 páxs. ISBN 84-8487-450-8.

Texto de exposición Bitácora dun mariñero sentimental. Centro Cultural Marcos Valcárcel, do 26 de febreiro ao 5 de abril de 2015 / Antón Sobral.Texto, Xaime Toxo. Obras colectivas Certame de narración breve Modesto R. Figueiredo Premios Pedrón de Ouro 2010 e 2011, 2012, Editorial Toxosoutos.

Premios miniatura|Con Manuel Forcadela na Casa das Campás de Pontevedra Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo no 2002. Primeiro premio de narrativa do Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López no 2003. Primeiro premio do Certame Manuel Murguía de narracións breves no 2004.

Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo no 2011, por Eco da afasia. Vida persoal miniatura|Participantes na Lonxa de versos 2025 (Pontevedra): Carmen Quinteiro Moreno, João Pedro Azul, Charo Valcárcel, Aurelino Costa, Xaime Toxo, Olga Santos, Armando González López, Elisabeth Oliveira (de esquerda a dereita) É irmán do pintor Ramón Domínguez Toxo. Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas 20px Presentacion Protexer o invisible de Xaime Toxo. Filme de Manuel Reboiras

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Bueu Categoría:Nados en 1955