Clifford Vivian Devon Curtis nado o 27 de xullo de 1968 en Rotorua, na Illa Norte de Nova Zelandia, é un actor neozelandés de etnia maorí.
Traxectoria Comezou a actuar en producións de teatro nos musicais Fiddler on the Roof e The Man of La Mancha antes de ir á The New Zealand Drama School e ó Teatro Dimitri Scoula en Suíza. Traballou en varias empresas de teatro neozelandesas, incluíndo Mercury Theatre, e Centre Point.
O seu primeiro papel no cinema foi no filme nomeado ó Premio Oscar, The Piano. Outros notábeis papeis no cine neozelandés foron Once Were Warriors, Desperate Remedies, River Queen e Whale Rider.
Dende entón, apareceu en filmes como Blow, Bringing Out the Dead, Sunshine, e Push, en 2009.
En 2004, xunto co produtor Ainsley Gardiner, formou a produtora de cine independente Whenua Films. Os obxectivos da empresa son apoiar o crecemento dos actores indíxenas neozelandeses, e ser solidario cos cineastas locais de curtametraxes.
No filme de M. Night Shyamalan, The Last Airbender, estreado en 2010, interpretou o Señor do Lume Ozai.
Filmografía Under Cover (1991) (TV) The Piano (1993) Desperate Remedies (1993) Kahu & Maia (1994) Once Were Warriors (1994) Rapa Nui (1994) Hercules in the Underworld (1994) (TV) Hercules: The Legendary Journeys (1994) Chicken (1996) Mananui (1996) City Life (1996) (TV) The Chosen (1998) (filme de TV) Deep Rising Six Days Seven Nights (1998) Virus (1999) Three Kings (1999) Bringing Out the Dead (1999) The Insider (1999) Jubilee (2000) Blow (2001) Día de adestramento (2001) The Majestic (2001) Collateral Damage (2002) Point of Origin (2002 (TV filme) Whale Rider (2002) Runaway Jury (2003) Traffic (2004) (TV miniseries) Spooked (2004) Heinous Crime (2004) The Pool (2005) River Queen (2005) The Fountain (2006) Sunshine (2007) Fracture (2007) Live Free or Die Hard (2007) 10,000 BC (2008) Push (2009) Crossing Over (2009) Trauma (2009) The Last Airbender (2010) A Thousand Words (2011)
Categoría:Actores de cinema de Nova Zelandia Categoría:Nados en Rotorua Categoría:Nados en 1968