Leopoldo García-Durán Golmar, nado nas Neves o 15 de novembro de 1882 e finado en Madrid o 16 de abril de 1966, foi un futbolista, avogado e político galego.
Traxectoria Fillo de Manuel García Golmar, deputado provincial e alcalde das Neves entre 1892 e 1911, e mais de Manuela Durán Méndez. Foi irmán de Alejandro, Leopoldo e Manuel García Durán. Estudou o bacharelato no colexio dos Escolapios de Celanova e fixo a carreira de Dereito na Universidade Central de Madrid. Durante a súa xuventude foi futbolista, e formou parte das primeiras aliñacións do Real Madrid, club co que gañou a Copa do Rei en 1905. Traballou no bufete do Conde de Bugallal e foi nomeado fiscal da Audiencia de Madrid. Formou parte do Consello de Administración de Ferrocarriles Estratégicos y Secundarios de Alacant. Membro do Partido Conservador, foi elixido deputado polo distrito de Alacant nas eleccións de 1914 "encasillado" por José Sánchez Guerra, Ministro da Gobernación. Posteriormente foi deputado polo distrito do Carballiño nas eleccións de 1916, 1918, 1920 (esta disputada e protestada por José Calvo Sotelo) e 1923. En 1916 o órgano conservador (bugallalista) Ecos del Arenteiro do Carballiño dedicoulle un número especial de homenaxe: miniatura|Ecos del Arenteiro, 12/11/1916.
O 4 de abril de 1922 foi nomeado Director Xeral de Prisións, posto que permaneceu ata o 11 de decembro dese ano. Tamén Foi Inspector General del Timbre. Durante a República foi presidente da Federación Nacional de Fútbol (1931–1936) pero dimitiu co triunfo da Fronte Popular. Foi director do Patronato de Apuestas Mútuas Deportivas Benéficas na primeira etapa.
Recoñecementos Gran Cruz de Isabel a Católica. Comendador da Orde do Cristo de Portugal.
Vida persoal
Casou en xaneiro de 1910 con María Parages Diego-Madrazo, irmá do seu compañeiro no Real Madrid, Pedro Parages.La Correspondencia de España, 21-11-1909, p. 4. Foi pai de Leopoldo, Pedro, Manuel, María del Carmen, Pilar e Ana María García-Durán Parages.
Palmarés como futbolista Co Real Madrid: Copa do Rei do ano 1905.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Diccionario biográfico de políticos valencianos 1810-2005 Institució Alfons el Magnànim Cabo e Míguez (2008). "El caciquismo adaptativo: Poder político, movilización social y opinión pública en la Galicia rural de la Restauración" Ayeres en discusión, ISBN 978-84-8371-772-1 .
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados nas Neves Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1966 Categoría:Alumnos da Universidade Central de Madrid Categoría:Políticos do Partido Conservador (España) Categoría:Futbolistas das Neves Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Presidentes da Real Federación Española de Fútbol