The Eagle é unha longametraxe de xénero épico, dirixida por Kevin Macdonald que foi estrada no 2011. Adaptada por Jeremy Brock dende a novela de aventuras de Rosemary Sutcliff The Eagle of the Ninth (1954),o filme conta a historia dun xove oficial romano que busca recuperar o Estandarte Romano da Aguia que a lexión do seu pai perdeu no norte de Gran Bretaña. A historia está baseada no feito histórico da desaparición da Legio IX Hispana no norte de Escocia no ano 117.

Sinopse Século II d.C. O lexionario romano Marcus Aquila (Channing Tatum) e o seu escravo celta Esca (Jamie Bell) emprenden a busca da Novena Lexión, que desapareceu vinte anos antes nalgunha parte do Norte de Escocia e á cuxa fronte atopábase un xeneral que resulta ser o pai do lexionario Aquila.

Personaxes Channing Tatum como Marcus Aquila Jamie Bell como Esca Donald Sutherland como tío de Marcus Mark Strong como Guern Tahar Rahim como Príncipe do pobo do mar Denis O'Hare como Lutorius Douglas Henshall como Cradoc

Produción Macdonald tentou facer o filme o máis fiel historicamente, pero o certo é que na rodaxe a xente das tribos fala gaélico escocés, cando esta lingua probablemente non se espallou na rexión ata o século V; polo que a lingua picta é probablemente a empregada por eses pobos.

Na actualidade só o 1% dos escoceses fala gaélico, limitando os posibles actores a 60,000 persoas. En agosto do 2009, bastantes rapaces gaélico falantes fixeron audicións para o papel do rapaz da xente do mar, pero sen éxito, polo que Macdonald organizou outra audición en Glasgow para o papel, que lle foi dado a Thomas Henry, de Newbarnsley, Belfast, o cal foi educado en gaélico irlandés.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Filmaffity Ficha na IMDb

Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua escocesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Kevin Macdonald Categoría:Filmes rodados en Budapest Categoría:Filmes rodados en Glasgow Categoría:Filmes ambientados en Escocia Categoría:Filmes ambientados en Inglaterra Categoría:Filmes ambientados no Imperio Romano Categoría:Filmes ambientados no século II