Aida Pena Meis é unha xornalista galega que desenvolveu a maior parte da súa carreira na radio, e en concreto na Cadena SER.

Traxectoria Nos inicios da súa carreira como xornalista traballou en Ondas Galicia e na emisora musical Los 40 Principales.

A partir de setembro de 2000 foi a directora rexional de informativos de Radio Galicia (Cadena SER), en substitución de Rodolfo Irago. Ademais da dirección de informativos presentou os espazos Hora 14 Galicia e La ventana de Galicia. Tamén realizou adoito unha entrevista semanal a algún personaxe destacado de Galicia os domingos durante Hora 14.

Xubilouse a finais de 2022 do seu posto na SER, logo de máis de dúas décadas de traballo radiofónico.

Notas

Categoría:Xornalistas radiofónicos de Galicia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes