Onde viven os monstros (en ) é un filme fantástico dirixido por Spike Jonze que se estreou no 2009. É unha adaptación do libro infantil de 1963 de Maurice Sendak do mesmo nome. Combina acción en vivo, acuacións con disfraces, animatrónica, e imaxe xerada por computador (CGI). Está protagonizado por Max Records, e polas voces de James Gandolfini, Paul Dano, Lauren Ambrose, Forest Whitaker, Catherine O'Hara e Chris Cooper. A historia céntrase nun neno solitario de nove anos chamado Max que navega cara a unha illa habitada por monstros ("Wild Things") que declaran rei a Max.

O filme estreouse o 16 de outubro de 2009 nos Estados Unidos, o 3 de decembro en Australia, e o 17 de decembro en Alemaña. A súa acollida foi boa por parte da crítica e o seu lanzamento en DVD e Blu-ray fíxose o 2 de marzo de 2010. Foi estreado o 15 de abril do 2014 na TVG.

Sinopse Max é un neno desobediente que é enviado á cama sen cear e que crea o seu propio mundo imaxinario: un lugar poboado por feroces monstros que o teñen a el como o seu xefe.

Personaxes Max Records como Max Catherine Keener como Connie, a nai de Max Pepita Emmerichs como Claire Mark Ruffalo como o noivo de Connie Steve Mouzakis como Mr. Elliott

Voces James Gandolfini como Carol Lauren Ambrose como KW Chris Cooper como Douglas Forest Whitaker como Ira Catherine O'Hara como Judith Paul Dano como Alexander Michael Berry Jr. como The Bull

Galardóns e nomeamentos 2009: Nomeada ó Globo de Ouro: Mellor banda sonora orixinal.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Australia Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Spike Jonze Categoría:Filmes de Legendary Pictures Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Village Roadshow Pictures Categoría:Filmes rodados en Australia Categoría:Filmes rodados en Melbourne Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes de 2009 con versión en galego