Agustín Reguera Ocampo, nado en 1964 en Soutomaior, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria Licenciado en Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela, foi traballador de banca. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura do PPdeG en Soutomaior e foi elixido alcalde como cabeza da lista máis votada. En 1999 foi reelixido cunha ampla maioría absoluta, ó igual que en 2003, 2007 e 2011. Foi deputado provincial dende 2007 ata 2009, ocupándose da área de Pesca e Asuntos Marítimos. En xuño de 2009 foi nomeado membro do consello asesor de RTVE en Galiciahttps://www.xunta.gal/dog/Publicados/2009/20090619/Anuncio2012A_es.html.

En 2015 e 2019 revalidou a alcaldía con maioría absoluta, pero de forma moito máis axustada que nas anteriores convocatorias. En 2023 foi superado polo BNG, polo cal perdeu a alcaldía en favor do nacionalista Manuel Lourenzo Sobral.

En xuño de 2023, tras cesar como alcalde, foi nomeado Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Soutomaior.

Categoría:Alcaldes de Soutomaior Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Soutomaior Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra