Dancer in the Dark é un filme dramático dirixido por Lars von Trier que se estreou no 2000. Dancer in the Dark é o terceiro filme da triloxía de Lars von Trier "Golden Heart Trilogy;" os outros dous filmes son Breaking the Waves (1996) e Idioterne (1998).
Sinopse Selma é unha inmigrante checa e nai solteira que traballa na fábrica dunha vila dos Estados Unidos. A única vía de escape da súa rutineira vida é a súa paixón pola música, especialmente polas cancións e os números de baile dos musicais clásicos de Hollywood. Selma agocha un triste segredo: está perdendo a vista, pero o peor é que o seu fillo tamén quedará cego se ela non consegue os cartos necesarios para que se opere.
Personaxes Björk como Selma Ježková Catherine Deneuve como Kathy (Cvalda) David Morse como Bill Houston Peter Stormare como Jeff Joel Grey como Oldrich Novy Cara Seymour como Linda Houston Vladica Kostic como Gene Jezek Jean-Marc Barr como Norman Vincent Paterson como Samuel Siobhan Fallon como Brenda Željko Ivanek como District attorney Udo Kier como Dr. Porkorny Jens Albinus como Morty Reathel Bean como Xuíz Michael Flessas como Angry Man Mette Berggreen como Recepcionista Lars Michael Dinesen como Defense attorney Katrine Falkenberg como Suzan Stellan Skarsgård como o Doutor
Galardóns e nomeamentos 2000: Nomeada ó Oscar: Mellor canción orixinal. 2000: 2 nomeamentos ó Globo de Ouro: Mellor canción, actriz - drama (Björk). 2000: Festival de Cannes: Palma de Ouro, Mellor Actriz (Björk). 2000: Nomeada ós Premios Goya: Mellor filme europeo. 2000: Nomeada ó Premio Cesar: Mellor película estranxeira. 2000: National Board of Review: Mellor actriz dramática (Björk).
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2000 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Dinamarca Categoría:Filmes dirixidos por Lars von Trier Categoría:Filmes rodados en Dinamarca Categoría:Filmes ambientados en 1964 Categoría:Filmes gañadores da Palma de Ouro