Kevin Séraphin, nado o 7 de decembro de 1989 en Cayenne, Güiana Francesa é un ex xogador francés de baloncesto profesional.

Traxectoria profesional Séraphin comezou a xogar ao baloncesto en 2004. Entrou na academia de xuvenís do Cholet Basket en 2006 antes de unirse ao primeiro equipo e facer o seu debut profesional na tempada 2008-09 co Cholet Basket na Pro A League. En 69 partidos co Cholet, fixo 4.56 puntos e 3.52 rebotes en 12.6 minutos de xogo, entre as tres competicións que disputaba o equipo.

Foi elixido na 17ª posición do draft da NBA de 2010 polos Chicago Bulls. O 8 de xullo de 2010, Séraphin foi traspasado aos Washington Wizards xunto a Kirk Hinrich nun intercambio polos dereitos de Vladimir Veremeenko.

Selección nacional de Francia Séraphin foi chamado para o equipo nacional sub-20 para xogar con Francia o Campionato de Europa da FIBA do ano 2009, e axudou á súa selección a gañar a medalla de prata.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados na Güiana Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Francia Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores do Cholet Basket Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores do Saski Baskonia Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2012