Evan Marcel Turner, nado o 27 de outubro de 1988 en Chicago, Illinois, é un ex xogador americano de baloncesto profesional. Turner foi elixido na 2ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Philadelphia 76ers. É coñecido co alcume de The Villain.

NBA Philadelphia 76ers (2010–2014) miniatura|Turner coas animadoras e a mascota dos Sixers. O 7 de abril de 2010, Turner fixo unha rolda de prensa na que anunciou que ía renunciar ao seu último ano de universidade e ser elixible para o Draft da NBA de 2010, onde se agardaba que fora escollido nunha das 3 primeiras posicións. Turner asinou co axente de Michael Jordan, David Falk.

Foi seleccionado na 2ª posición do draft polos Philadelphia 76ers, e asinou un acordo de 3 anos por preto de 12 millóns de dólares.

O 27 de outubro de 2010, no seu debut cos 76ers (día do seu aniversario), Turner anotou 16 puntos, con 7 rebotes e 4 asistencias, saíndo dende o banco, xogando 30 minutos, e liderando ao equipo en anotación na derrota por 97-87 contra Miami Heat. O 7 de novembro de 2010, Turner xogou por primeira vez de titular na NBA, e rematou o partido cun dobre-dobre, con 14 puntos e 10 rebotes, ademais de 3 asistencias, na vitoria por 106-96 sobre os New York Knicks, xogando en lugar do lesionado Andre Iguodala. O 29 de decembro de 2010, Turner anotou 23 puntos, a súa maior marca, na vitoria por 123-110 contra os Phoenix Suns, anotando 9 de 12 tiros de campo e 4 de 4 tiros libres.

Indiana Pacers (2014) O 20 de febreiro de 2014, Turner e Lavoy Allen foron traspasados ós Indiana Pacers a cambio de Danny Granger e unha elección de segunda rolda do Draft. Turner fixo o seu debut cos Pacers o 25 de febreiro de 2014 na vitoria de Indiana sobre os Los Angeles Lakers. Turner proporcionou 13 puntos e 6 rebotes saíndo dende o banco.

Boston Celtics (2014–2016) Turner asinou oficialmente cos Boston Celtics o 29 de setembro de 2014.

Portland Trail Blazers (2016–2019) O 6 de xullo de 2016, Turner asinou un contrato por catro anos e 70 millóns de dólares cos Portland Trail Blazers.

Atlanta Hawks (2019–2020) O 24 de xuño de 2019, Turner foi traspasado ós Atlanta Hawks a cambio de Kent Bazemore.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Chicago Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks