Daniel Joseph Orton, nado o 6 de agosto de 1990 en Oklahoma City, Oklahoma, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Taoyuan Leopards da T1 League taiwanesa.

Universidade Orton era reserva nos Kentucky Wildcats na tempada 2009-10, onde fixo 3.4 puntos, 3.3 rebotes e 1.4 tapóns en 13.2 minutos de xogo. O 8 de maio de 2010 contratou un axente e declarouse elixible para o Draft da NBA de 2010.

NBA Foi escollido por Orlando Magic na 29ª posición do Draft da NBA de 2010. O 1 de xullo de 2010, Orton asinou o seu contrato rookie cos Magic.Has yet to play in a Magic game.Daniel Orton signs Orlando Magic contract O 1 de decembro, anunciouse que Orton ía ser enviado aos New Mexico Thunderbirds da NBA Development League.Magic assign first-round pick Orton to D-League USA Today, 1 de decembro de 2010 No seu segundo partidos cos Thunderbirds, Orton sufriu unha lesión no xeonllo que lle fixo perder o resto da tempada.

O 4 de agosto de 2012, Orton asinou cos Oklahoma City Thunder. O 10 de outubro de 2013, foi cortado polos Thunder.

O 16 de outubro de 2013, asinou cos Philadelphia 76ers. O 7 de xaneiro de 2014, foi cortado polos Sixers.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Oklahoma Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Leones de Ponce