Os coccinélidos (Coccinellidae)White, R.E. 1983. A field guide to the beetles of North America. Peterson Field Guide Series #29. son unha ampla familia de pequenos escaravellos que miden de 0,8 a 18 mm, entre os cales os máis frecuentes son coñecidos cos nomes comúns de maruxiña, reirrei, xoaniña, barrosiña, coccinela, papasol, papoia, voaniña, voíña ou xoana, entre outros nomes (ver:Outros nomes comúns que se lle dan son: adiviñón, bichiño de Deus, bixaniño, carrabouxiño, cascarrubia, coco de Deus, costureiriña, mexaniña, paxariña, pepiñarrubia, pita de Deus, pitasol, roiceña, sabiñón, teresiña, vacarrubia ou velairiña. Ver Diccionario de sinónimos da lingua galega. Galaxia, Vigo 1997.).
A maioría das especies de coccinélidos son xeralmente considerados insectos útiles, porque moitas especies depredan en insectos herbívoros que son pragas, como moitos homópteros como os áfidos ou pulgóns. Moitos coccinelidos poñen os seus ovos directamente nas colonias de áfidos para asegurarse de que as súas larvas van ter unha fonte inmediata de alimentación. Porén, algunhas especies teñen efectos non desexados; entre elas, as máis salientables son as da subfamilia Epilachninae (na que está Epilachna varivestis), que son elas mesmas herbívoras e potenciais pragas. Aparecen en practicamente todas as grandes rexións agrícolas temperadas ou tropicais.
Etimoloxía O nome coccinélidos deriva do latín coccineus, que significa 'escarlata'.
Descrición Os coccinélidos adoitan ter rechamantes cores amarelas, laranxas ou vermellas con pequenos puntos negros nos élitros, pero non todos son así. Teñen patas cabezas e antenas negras. Porén, hai unha gran variación neses padróns de cor. Por exemplo, unha minoría de especies, como Vibidia duodecimguttata, unha especie de doce puntos, teñen puntos brancos sobre un fondo marrón. Os coccinélidos encóntranse en todo o mundo, cunhas 6 000 especies descritas.Judy Allen & Tudor Humphries (2000). Are You A Ladybug?, Kingfisher, p. 30 miniatura|dereita|Larva, pupa e adultos de Clitostethus arcuatus.
A maioría dos coccinélidos teñen corpos de forma redonda e elíptica cupuliforme con seis patas curtas. Dependendo da especie, poden ter puntos, bandas ou ningunha marca en absoluto. Os coccinélidos de sete puntos son vermellos ou laranxas con tres puntos negros nos lados de cada élitro e outro mais no centro, e teñen cabeza negra con manchas brancas a cada lado.
Ademais das cores habituais amarelas e vermellas, moitas especies son principalmente ou enteiramente negras, grises escuras, grises ou marróns, e pode ser difícil para os que non son entomólogos recoñecelos como coccinélidos. Inversamente, os non entomólogos poderían confundir doadamente outros pequenos escaravellos como coccinélidos cando en realidade non o son, como os escaravellos con cores vermella, laranxa, amarela ou negra. Entre estas posibles confusións están os escarabeidos moito meirandes Pelidnota punctata e especies con pintas de Chrysomelidae, Melyridae e outros. Tamén se poden confundir os que teñen forma semiesférica como os Cassidinae.
Un erro común sen fundamento é que o número de pintas do insecto indica a súa idade. De feito, o padrón subxacente e a coloración están determinados pola especie e a xenética do escaravello, e desenvólvense a medida que o insecto madura. Nalgunhas especies a súa aparencia está fixada no momento en que sae da pupa, aínda que na maioría a cor do adulto pode tardar algúns días en estabilizarse. Xeralmente a cor do adulto tende a ser máis completa e escura que a cor do inmaturo.
Paraplectana tsushimensis é unha araña asiática que imita as maruxiñas.
Bioloxía miniatura|Anatomía básica dunha maruxiña
Os coccinélidos son coñecidos por ser predatores de insectos Sternorrhyncha como os áfidos e similares, pero a variedade de presas que capturan as diferentes especies de coccinélidos é maior. Un xénero de pequenas maruxiñas negras, Stethorus, é un exemplo de predación de insectos non esternorrincos, xa que está especializado en comer ácaros, como Tetranychus. As especies de Stethorus son tamén importantes en certos casos de control biolóxico de pragas.Hodek, Ivo; Honek, A. ; van Emden, Helmut F. Ecology and Behaviour of the Ladybird Beetles. Publisher: Wiley-Blackwell 2012. Son predadores naturais de varios axentes de pragas importantes, como do trade do millo europeo (Ostrinia nubilalis, un lepidóptero), que, por exemplo nos Estados Unidos, supón un custo de mil millóns de dólares á industria agrícola en perdas de colleitas e gastos de control da praga.
Varias especies máis grandes de coccinélidos atacan eirugas e larvas doutros escaravellos. Varios xéneros aliméntanse de diversos insectos e dos seus ovos; por exemplo, as especies de Coleomegilla son predadores significativos de ovos e larvas de avelaíñas, como as das especies de Spodoptera e os Plutellidae.Roger, Caroline. Mechanisms of Prey Selection in the Ladybeetle Coleomegilla maculata. Thesis. Department of Natural Resource Sciences. Macdonald campus of McGill University Montréal. Canada 1999 As larvas e ovos das propias maruxiñas (da propia especie ou doutra) poden ser tamén unha importante fonte de alimento para as maruxiñas cando as presas alternativas son escasas. Como familia, Coccinellidae adoitaba considerarse como puramente carnívora, mais sábese agora que é máis omnívora do que antes se pensaba, tanto como familia coma en especies concretas; o exame do contido do aparato dixestivo en especies que aparentemente son predadoras especializadas adoita atopar residuos de pole e outras materias vexetais. Ademais da súa presa favorita, os coccinélidos inclúen outros produtos nas súas dietas, como melaza de áfidos, pole, zumes de plantas, néctar e varios fungos. A importancia destes produtos na súa dieta está aínda investigándose.Almeida, Lúcia M. ; Corrêa, Geovan H. Giorgi, José A. ; Grossi, Paschoal C. New record of predatory ladybird beetle (Coleoptera, Coccinellidae) feeding on extrafloral nectaries. Revista Brasileira de Entomologia 55(3): 447–450, setembro, 2011
Moitas especies de maruxiñas prefiren ou mesmo especialízanse en certo tipo de presas, o que as fai moi valiosas nos programas de control biolóxico. Por exemplo, a larva da maruxiña Rodolia cardinalis é un predador especialista dunhas poucas especies de Monophlebidae, en concreto de Icerya purchasi, que é un notorio esternorrinco praga de cítricos. Porén, a R. cardinalis adulta pode subsistir durante algúns meses comendo unha ampla variedade de insectos e néctar.Sands, D. P. A. and R. G. Van Driesche. 2000. Evaluating host specificity of agents for biological control of arthropods: rationale, methodology and interpretation, pp. 69-83. In Van Driesche, R. G., T. A. Heard, A. S. McClay, and R. Reardon (eds.). Proceedings of Session: Host Specificity Testing of Exotic Arthropod Biological Control Agents: The Biological Basis for Improvement in Safety. Xth International Symposium on Biological Control of Weeds. 4–14 de xullo de 1999. Bozeman, Montana. U.S.D.A. Forest Service Bulletin FHTET-99-1, Morgantown, West Virginia, U.S.A.
Certas especies de coccinélidos pénsase que poñen unha cantidade extra de ovos infértiles xunto cos ovos fértiles, aparentemente para proporcionar unha fonte de alimento adicional ás larvas, que, despois de faceren eclosión, comen eses ovos. A proporción de ovos infértiles respecto dos fértiles aumenta cando hai escaseza de comida na época de poñer ovos. Tal estratexia denomínase produción de ovos tróficos.
Algunhas especies da subfamilia Epilachninae son herbívoras e poden ser pragas agrícolas moi destrutivas, como por exemplo a Epilachna varivestis, aínda que normalmente son pragas menores, que comen follas de cereais, patacas, feixóns e outras plantas agrícolas, pero que poden incrementar explosivamente o seu número en anos nos que non teñen inimigos naturais, como as avespas parasitoides que atacan os seus ovos. En tales situacións poden causar danos importantes. Outros coccinélidos, como os da tribo Halyziini e os do xénero Tythaspis son micófagos. miniatura|upright|Agrupación de maruxiñas en Colorado Springs, Colorado
Aínda que as especies predadoras son a miúdo utilizadas para o control biolóxico, a introdución de especies de coccinélidos nunha área non necesariamente é beneficiosa. Especies como Harmonia axyridis en Norteamérica e Europa ou Coccinella septempunctata en Norteamérica compiten e desprazan os coccinélidos nativos e convértense elas mesmas en pragas.
Os principais predadores dos coccinélidos adoitan ser as aves, pero tamén os comen as ras, avespas, arañas e libélulas. As rechamantes cores de moitas maruxiñas son un aviso que disuade a algúns dos seus predadores potenciais de intentar comelos. Este fenómeno denomínase aposematismo, e funciona porque os predadores aprenden por experiencia a asociar certos fenotipos da presa cun mal sabor. Outra defensa que teñen é o chamado "reflexo de sangrado", no cal se exsuda unha toxina alcaloide polas articulacións do exoesqueleto, desencadeado por estímulos mecánicos (como o ataque dun predador) tanto en larvas coma en adultos, disuadindo ao predador.
Os coccinelidos de rexións temperadas entran en diapausa durante o inverno, polo que son uns dos primeiros insectos que aparecen en primavera. Algunhas especies (por exemplo, Hippodamia convergens) xúntanse en grupos e desprázanse a zonas a maior altura, como montañas, para entraren na diapausa. A maioría dos coccinélidos pasan esta especie de hibernación como adultos, xuntándose no lado sur de grandes obxectos, como troncos ou casas durante os meses invernais, dispersándose en resposta ao incremento da duración do día na primavera.
Os coccinélidos predadores atópanse xeralmente en plantas nas que viven as súas presas. Poñen ovos preto das súas presas, para incrementar a probabilidade de que as larvas atopen as presas doadamente. No caso de Harmonia axyridis, os ovos fan eclosión en tres ou catro días en postas que van desde uns poucos ovos a varias ducias. Dependendo da dispoñibilidade de recursos, as larvas pasan por catro estadios larvais en de 10 a 14 días, despois do cal ten lugar a pupación. Despois dun período teneral de varos días, os adultos fanse activos reprodutivamente e poden reproducirse despois, aínda que poden tamén ser reprodutivamente quiescentes se fan eclosión contra o final da estación reprodutora. A duración total da vida é como media dun ano.
Relacións cos humanos Infestacións miniatura|Coccinélidos cubrindo unha póla
Despois dun período anormalmente longo de calor e tempo seco nalgúns países de Europa, como ocorreu en 1976 no Reino Unido, observouse un marcado incremento na poboación de afidos, que foi seguido dunha "praga" de maruxiñas, e mesmo houbo informes de persoas mordidas polas maruxiñas cando os áfidos empezaron a reducirse.
En América do Norte, os coccinélidos xeralmente empezan a aparecer dentro das casas no outono, cando abandonan os seus sitios de alimentación nos campos, bosques e patios e buscan lugares onde pasar o inverno. Normalmente, cando as temperaturas cálidas de 18 °C ao final da tarde e principio do serán, son seguidas por un período de tempo máis frío, xúntanse sobre ou dentro dos edificios iluminados polo sol. Estas agrupacións ou enxames de coccinélidos voan aos edificios entre setembro e novembro, dependendo da localización e das condicións climáticas. As casas que están preto dos campos ou bosques é máis probable que sufran esta infestación.University of Kentucky-College of Agriculture Cooperative Extension Service
A presenza de gran cantidade de coccinélidos en viñedos pode causar nos viños a "contaminación por maruxiñas", causada polo prensado das uvas con algúns destes insectos, que soltan produtos que deixan un sabor.
Como especies invasoras