miniatura|dereita|Verme na praia de Barraña (Boiro).miniatura|dereita|Verme fotografado en Barraña (Boiro).

Verme é unha denominación popular de calquera animal invertebrado de corpo brando e alongado, sen esqueleto nin extremidades articuladas, que se despraza arrastrándose. Non corresponde a ningunha clasificación taxonómica.

Outras denominacións populares igualmente xenéricas son becha, becho, bechoco, bicha, bicho, bichoca, bichoco, coca, coco ou ronco.

Con nome de verme desígnanse habitualmente: Algúns parasitos intestinais, tamén chamados lombrigas. As larvas vermiformes de insectos. As eirugas. As miñocas.

Nalgúns casos designa un insecto determinado, como é o caso do vagalume (verme da luz, verme canteiro ou verme carpinteiro) ou do verme da seda (larva dunha bolboreta da familia dos bombícidos (Bombyx mori).

Categoría:Invertebrados