O termo navalla pode referirse á: Navalla, tipo de coitelo cuxa folla pivota sobre un eixe que a une ao mango para que o fío quede gardado nunha fenda feita a propósito. Navalla, nome co que se coñecen as especies de moluscos bivalvos mariños da superfamilia dos solenoideos (familias dos solénidos e dos fáridos), caracterizados polas súas valvas alongadas e simétricas, e tamén chamados longueiróns. Máis especificamente, á especie Ensis ensis. A Navalla de Occam, principio atribuído ao frade franciscano e filósofo lóxico do século XIV Guillerme de Occam que constitúe a base do reducionismo metodolóxico. Un rastro da navalla, denominación dunha especie de angazo e dunha arte de pesca de tracción mecánica.