Billy Eugene Owens, nado o 1 de maio de 1969 en Carlisle, Pensilvania, é un ex xogador americano de baloncesto profesional.
No ano sénior co instituto, Owens acadou 34 puntos por partido, e liderou ao Carlisle High School (Pensilvania) a catro títulos consecutivos. Dicíase que ía ser o segundo xogador mellor preparado de 1988, por detrás de Alonzo Mourning.
Xogou para o equipo nacional de baloncesto dos Estados Unidos no Campionato do Mundo da FIBA de 1990, onde gañou a medalla de bronce.
Foi seleccionado polos Sacramento Kings no Draft da NBA de 1991. Con todo, foi traspasado aos Golden State Warriors a cambio do anotador Mitch Richmond. A pesar de que o traspaso fora considerado por moitos coma desigual, Owens deulle aos Warriors altura e rebotes. Acadou sobre 15 puntos e preto de 8 rebotes nas súas tres tempadas con Golden State. Owens xogou ademais nos Miami Heat, Sacramento Kings, Seattle SuperSonics, Philadelphia 76ers, e Detroit Pistons.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Estadísticas en Basketball-Reference.com NBA Draft Busts #13
Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Pensilvania Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Seattle SuperSonics Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons