Liam Cunningham, nado o 2 de xuño de 1961 en Dublín, é un actor e director de cinema irlandés. Apareceu un numerosos proxectos de cinema e televisión entre os que se inclúen A princesiña, First Knight e Jude.

Biografía Cunningham naceu no East Wall, que é unha área do centro da Northside de Dublín. Medrou no seo dunha familia católica e ten tres irmás e un irmán. Deixou a escola con quince anos e traballou durante algún tempo como electricista. Na década de 1980, mudouse a Zimbabwe onde estivo durante tres anos traballando no mantemento do equipo eléctrico nun parque de safari. Despois de regresar a Irlanda, Cunningham mostrouse insatisfeito co seu traballo como electricista e decidiu perseguir o seu soño de actuar. Asistiu a clases de actuación e comezou a traballar no teatro local.

Actualmente, Cunningham vive en Dublín coa súa muller Colette, a súa filla Ellen e os seus fillos varóns Liam Jr. e Sean.

Traxectoria O seu debut no cinema chegou da man do filme Into the West. A súa aparición na pantalla continuou con papeis en War of the Buttons, A princesiña, Cracker-Best Boys e First Knight. O papel que cambiou a súa traxectoria foi como Phillotson no filme Jude. Continuou con pequenos papeis en Police 2020, Falling for a Dancer, Shooting the Past, When the Sky Falls e Revelation.

Porén, acadou fama internacional co seu papel como Capitán Ryan no filme de terror Dog Soldiers. Dende entón, protagonizou numerosos filmes americanos e británicos de grande orzamento entre os que se inclúen The League of Gentlemen's Apocalypse, O vento que axita o orxo, The Mummy: Tomb of the Dragon Emperor, Hunger, Furia de titáns e Centurion.

Filmografía Ano Filme Papel Notas2012Safe HouseAlec WadeGame of ThronesDavos SeaworthSerie de televisión, HBO (US)Titanic: Blood and SteelJim LarkinSerie de televisión, BBC (UK)2011War HorseDoutor do exércitoStrike Back: Project DawnDaniel ConnellySerie de televisión, Sky One (UK) / Cinemax (US)CamelotColfurSerie de televisión, Estados Unidos Black ButterfliesJack CopeFilme dos Países BaixosOutcastsPresidente Richard TateSerie de televisión, BBC Reino UnidoThe GuardFrancis SheehyFilme de Irlanda2010 The WhistleblowerBill HynesFilme dos Estados UnidosFuria de titánsSolonFilme dos Estados UnidosCenturionBrickFilme de Reino Unidos2009Harry BrownSid RourkeFilme do Reino Unido Perrier's BountyO MuttFilme de Irlanda e o Reino UnidoThe StreetTom MillerSerie de televisión, BBC, Reino UnidoThe TournamentPowersFilme do Reino UnidoBlood: The Last VampireMichael HarrisonFilme de Hong Kong, China e Francia2008The Mummy: Tomb of the Dragon EmperorDog MaguireFilme dos Estados Unidos, China e AlemañaParis NoirDouglasFilme de IrlandaHungerFather Dominic MoranFilme de Irlanda e o Reino UnidoThe EscapistBrodieFilme de Irlanda e o Reino UnidoAtlanticGranxeiroCurtametraxe de Irlanda2007Anner HouseNeil BarryFilme de televisión. IrlandaNorthanger AbbeyXeneral TilneyFilme de televisión, Reino UnidoThe Wild WestWyatt EarpMiniseries, BBC Reino Unido2006Afterlife JonathanSerie de televisión, Reino UnidoMurphy's LawDrew JohnstoneSerie de televisión BBC Reino UnidoShowbands IITony GoldenFilme de televisión, IrlandaLast NightFrankCurtametraxe de IrlandaO vento que axita o orxoDanFilme de Irlanda e o Reino UnidoHotel BabylonAdrian McBrideSerie de televisión, BBC Reino Unido2005The ClinicMalcolm KeownSerie de televisión, IrlandaBreakfast on PlutoPrimeiro ciclistaFilme de Irlanda e o Reino UnidoThe League of Gentlemen's ApocalypseDirectorFilme do Reino Unido, Irlanda e os Estados UnidosShowbandsTony GoldenFilme de televisión, Irlanda2004ScrewbackHarryCurtametraxe de IrlandaMessiah: The PromisePace TierneyMiniserie de televisión, BBC, Reino UnidoThe Card PlayerJohn BrennanFilme de Italia2003The Crooked ManHamiltonFilme de televisión, Reino UnidoPrime Suspect 6: The Last WitnessRobert WestFilme de televisión, Reino UnidoFinal DemandDavid MilnerFilme de televisión, Reino Unido2002Shadow ManCurtametraxe do Reino UnidoThe Abduction ClubJohn PowerFilme de Irlanda e o Reino UnidoDog SoldiersCapitán Richard RyanFilme do Reino Unido e LuxemburgoStrandedDavid RobinsonFilme de televisión, Estados UnidosMysticsSean FoleyFilme de Irlanda2001Superintendent WinterMacDonaldSerie de televisión, SueciaThe Island of the Mapmaker's WifeJohn WyndhamFilme do Reino Unido e os Países BaixosRevelationPai Ray ConnollyFilme do Reino UnidoAtila o hunoTeodorico IMiniserie dos Estados UnidosRebel HeartMichael MaloneMiniserie de televisión, BBC, Reino Unido2000A Likeness in StoneBill ArmstrongFilme de televisión, BBC, Reino UnidoThe Second DeathJames ManganCurtametraxe de IrlandaWhen the Sky FallsJohn CosgraveFilme de Irlanda, Reino Unido e os Estados Unidos1999RKO 281Gregg TolandFilme dos Estados UnidosA Love DividedSean CloneyFilme de televisión, IrlandaToo Rich: The Secret Life of Doris DukeAlec Cunningham-ReidMiniserie de televisión, CBS Estados UnidosShooting the PastChristopher AndersonMiniserie de televisión, BBC, Reino Unido1998Falling for a DancerMossie SheehanMiniserie de televisión, BBC, Reino UnidoThe Tale of Sweety BarrettDetective BoneFilme de Irlanda e Islandia1997The Life of StuffAlex SneddonFilme do Reino UnidoPolice 2020DCI Billy O'ConnellFilme de televisión, Reino UnidoThe Doherty BrothersConnor DohertyCurtametraxe do Reino Unido1996JudePhillotsonFilme do Reino Unido1995CrackerStuart GradySerie de televisión, Reino UnidoFirst KnightSir AgravainFilme dos Estados UnidosA princesiñaCapitán Crewe / Príncipe RamaFilme dos Estados Unidos1994-1995RoughnecksChrisSerie de televisión, BBC, Reino Unido1994War of the ButtonsO mestreFilme de IrlandaUndercurrentGreg LaughtonFilme de Irlanda1993The SeaCurtametraxe do Reino UnidoPoor Beast in the RainDanger DoyleFilme de televisón, BBC, Reino UnidoA Handful of Stars StaplerFilme de televisón, BBC, Reino Unido1992Into the WestPolicíaFilme de IrlandaPublic ToiletCurtametraxe de IrlandaHeaven Only KnowsPaul ClarkeCurtametraxe de Irlanda

Véxase tamén

Categoría:Actores de cinema de Irlanda Categoría:Actores de televisión de Irlanda Categoría:Actores de teatro de Irlanda Categoría:Directores de cinema de Irlanda Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Dublín