Giuseppe Emilio "Nino" Farina, nado en Torino o 30 de outubro de 1906 e finado en Aiguebelle 30 de xuño de 1966, foi un piloto de Fórmula 1 italiano, e o primeiro campión mundial da categoría, gañando o título en . Foi tamén o Campión de Italia en 1937, 1938 e 1939. Durante a súa carreira de trinta anos como piloto sufriu varios accidentes.
Primeiros anos Nado en Torino, Farina foi o maior dos irmáns Farina, o seu pai Giovanni, xunto ao seu irmán Battista Farina, fundara a empresa de carrozarías de coche Carrozzeria Pininfarina. Giuseppe comezou a pilotar un Temperino de dous cilindros, á idade de tan só nove anos. Converteuse en Doutor en Ciencias Políticas (aínda que algunhas fontes din enxeñería), tamén destacou no esquí, fútbol e atletismo. Rematou unha carreira curta como oficial de cabalería do exército italiano para satisfacer unha ambición diferente: as carreiras de motor.
Traxectoria
Cando aínda era un universitario Farina comprou o seu primeiro coche, un Alfa Romeo de segunda man, e correu na subida Aosta-Gran San Bernardo de 1925. Ao tratar de vencer ao seu pai, estrelouse, rompendo o ombreiro e sufrindo cortes no rostro, establecendo unha tendencia que continuou ao longo da súa carreira propensa aos fallos. O seu pai terminou en cuarto lugar.
miniatura|right| Alfa Romeo 8C-35 de Farina estrelado no Gran Premio de Deauville de 1936
As súas primeiras experiencias en pista fíxoas con Maserati, aínda que a súa carreira comezaría a florecer co seu pase a Alfa Romeo, onde tivo como compañeiro de equipo a Tazio Nuvolari. A fins da década dos 30, Farina gañou varios Gran Premios menores, que lle permitiron obter o título de campión italiano de pilotos durante tres anos seguidos (1937-1939). No ano seguinte lograría o seu primeiro triunfo grande, no Gran Premio de Trípoli de 1940, en Libia. No momento en que estaba chegando á súa madurez como piloto, desatouse a segunda guerra mundial, e pasarían oito anos antes de que Farina puidese gañar outro Gran Premio.
Na posguerra, Nino tomou parte en varios grandes premios cun Maserati propio, logrando desta forma un triunfo no Gran Premio de Mónaco de 1948. Cando a Fédération Internationale de l'Automobile anunciou o Campionato Mundial de Fórmula 1 de , Farina asegurouse unha praza no equipo Alfa Romeo, xunto a Juan Manuel Fangio e ao italiano Luigi Fagioli, ao mando dun dos aparentemente invencibles 158 Alfetta. Farina obtivo 3 vitorias nas 7 carreiras do campionato, e logrou así o seu primeiro campionato mundial na categoría. Era o cumio da súa carreira.
En , viuse obrigado a facer o papel de escudeiro de Fangio, cuxo ritmo de carreira foi demasiado para Farina. O italiano logrou un único triunfo no Gran Premio de Bélxica, aínda que gañou algunhas das carreiras non válidas para o campionato. Tras o seu pase a Ferrari en 1952, Farina viuse outra vez pasado por un piloto máis novo, esta vez Alberto Ascari, quen logrou 9 vitorias consecutivas en carreiras polo campionato entre e .
O primeiro triunfo de Farina en Ferrari, que á vez sería o último dos seus 5 triunfos no campionato mundial de F1, produciuse no Gran Premio de Alemaña de 1953, disputado en Nürburgring. Nese ano, tamén formou un equipo co seu amigo da F1 Mike Hawthorn, para disputar e gañar as 24 horas de Spa. A principios de 1954, Farina gañou unha proba do Campionato Mundial de Auto Deportivos, aínda que tempo despois sufriu graves queimaduras nun accidente na saída de Monza. O italiano intentou regresar ás pistas en 1955 tomando calmantes, e logrou finalizar na zona de puntos nalgunha carreira. Con todo, dándose conta de que non podería alcanzar o seu nivel de outrora, decidiu retirarse ao final desa tempada.
En 1956, Farina planificou o seu regreso nas 500 millas de Indianápolis, pero sufriu unha lesión no seu pescozo durante unha carreira menor en Monza. Tras a súa recuperación, intentou regresar ás pistas en Indianápolis, pero desistiu tras presenciar a morte dun compañeiro que estaba probando o auto que lle correspondía a Farina.
Figura notable dos primeiros anos da Fórmula 1, Farina era recoñecido polo seu estilo de manexo e a súa intelixencia, pero tamén pola súa petulancia e o seu desprezo polos seus rivais na pista.
Morte
Logo da súa retirada, Farina involucrouse nas distribuidoras de Alfa Romeo e Jaguar e máis tarde asesorou á fábrica de Pininfarina.
Ironicamente, e a pesar de todos os accidentes aos que sobreviviu nos seus últimos anos como piloto, cando ía como espectador camiño do Gran Premio de Francia de 1966, Farina perdeu o control do seu Lotus Cortina nos Alpes de Savoia, cerca Aiguebelle, chocou contra un poste de telégrafos e morreu no acto. Non só asistía como espectador, senón tamén por unha película, ao longo da tempada fora o asesor e o dobre na pilotaxe do actor francés Yves Montand, que interpretaba a un ex campión do mundo na película Gran Premio.
Rexistro de carreiras
Palmarés
Tempada Series Posición Equipo Coche 1933 Coppa Principessa di Piemonte 3º Alfa Romeo 2300 1934 Masarykuv Okruh 1º Scuderia Subalpina Maserati 4CM Giro d’Italia 2º Lancia Astura V8 Gran Premio de Biella 3º Scuderia Subalpina Maserati 4CM 1935 Bergamo GP 2º Scuderia Subalpina Maserati 4CM Gran Premio de Biella 3º Scuderia Subalpina Maserati 4CM AIACR European Championship 21º Gino Rovere Maserati 6C-34 1936 Mille Miglia 2º Scuderia Ferrari Alfa Romeo 8C 2900 A Penya Rhin Grand Prix 3º Scuderia Ferrari Alfa Romeo 8C-35 Circuíto de Milán 3º Scuderia Ferrari Alfa Romeo 8C-35 Gran Premio di Modena 3º Scuderia Ferrari Alfa Romeo 8C-35 AIACR European Championship 14º Scuderia Ferrari Alfa Romeo 8C-35 1937 Italian Championship 1º Scuderia Ferrari Alfa Romeo 12C-36 Gran Premio di Napoli 1º Scuderia Ferrari Alfa Romeo 12C-36 Mille Miglia 2º Scuderia Ferrari Alfa Romeo 8C 2900 A Turin Grand Prix 2º Scuderia Ferrari Alfa Romeo 12C-36 Circuíto de Milán 2º Scuderia Ferrari Alfa Romeo 12C-36 AIACR European Championship 7º Scuderia Ferrari Alfa Romeo 8C-35 AAA National Championship 7º Scuderia Ferrari Alfa Romeo 8C-35 1938 Italian Championship 1º Alfa Corse Alfa Romeo Tipo 316 Pontedecimo-Giovi 1º Alfa Corse Alfa Romeo 2900B MM Coppa Ciano 2º Alfa Corse Alfa Romeo Tipo 316 Coppa Acerbo 2º Alfa Corse Alfa Romeo Tipo 316 Gran Premio d’Italia 2º Alfa Corse Alfa Romeo Tipo 316 AIACR European Championship 8º Alfa Corse Alfa Romeo Tipo 312Alfa Romeo Tipo 316 1939 Campionato Italiano 1º Alfa Corse Alfa Romeo 158 GP d’Anvers 1º Alfa Corse Alfa Romeo 8C 2900B/412S Coppa Ciano 1º Alfa Corse Alfa Romeo 158 Prix de Berne 1º Alfa Corse Alfa Romeo 158 Coppa Acerbo 3º Alfa Corse Alfa Romeo 158 AIACR European Championship 13º Alfa Corse Alfa Romeo 158 1940 Gran Premio di Tripoli 1º Alfa Corse Alfa Romeo 158 Mille Miglia 2º Alfa Romeo 6C 2500 SS Spider Touring 1946 Grand Prix des Nations 1º Alfa Romeo 158 1948 Gran Premio Internacional del General San Martín 1º Scuderia Milano Maserati 8CL Grand Prix des Nations 1º Maserati 4CLT Grand Prix Automobile de Monaco 1º Maserati 4CLT Circuíto de Garda 1º Ferrari 125 1949 Copa Acción de San Lorenzo 1º Scuderia Ferrari Ferrari 125C Lausanne Grand Prix 1º Maserati 4CLT/48 Grande Prêmio da Cidade de Rio de Janeiro 2º Scuderia Ferrari Ferrari 125C Daily Express BRDC International Trophy 2º Scuderia Ferrari Ferrari 125 1950 Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1950 1 Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 158Alfa Romeo 159 Gran Premio do Reino Unido de 1950 1º Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 158 Gran Premio de Suíza de 1950 1º Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 158 Gran Premio di Bari 1º Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 158 Daily Express BRDC International Trophy 1º Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 158 Gran Premio de Italia de 1950 1º Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 158 Gran Premio Internacional del General San Martín 2º Dott G. Farina Maserati 4CLT Copa Acción de San Lorenzo 3º Dott G. Farina Maserati 4CLT 1951 Gran Premio de París 1º Scuderia Milano Maserati 4CLT Ulster Trophy 1º Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 159A Gran Premio de Bélxica de 1951 1º Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 159A Woodcote Cup 1º Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 159 Festival of Britain Trophy 2º Scuderia Milano Maserati 4CLT Grand Prix de Pau 3º Scuderia Milano Maserati 4CLT Gran Premio de Suíza de 1951 3º Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 159A Gran Premio de Italia de 1951 3º Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 159M Gran Premio de España de 1951 3º Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 159M Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1951 4º Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 159AAlfa Romeo 159M 1952 Gran Premio di Napoli 1º Scuderia Ferrari Ferrari 500 Gran Premio dell’Autodromo di Monza 1º Scuderia Ferrari Ferrari 500 Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1952 2º Scuderia Ferrari Ferrari 500 Gran Premio de Francia 2º Scuderia Ferrari Ferrari 500 Gran Premio de París 2º Scuderia Ferrari Ferrari 500 Gran Premio de Bélxica de 1952 2º Scuderia Ferrari Ferrari 500 Grand Prix de la Marine 2º Scuderia Ferrari Ferrari 500 Gran Premio de Francia de 1952 2º Scuderia Ferrari Ferrari 500 Gran Premio de Alemaña de 1952 2º Scuderia Ferrari Ferrari 500 Grand Prix de la Comminges 2º Scuderia Ferrari Ferrari 500 Gran Premio dos Países Baixos de 1952 2º Scuderia Ferrari Ferrari 500 Woodcote Cup 2nd G.A. Vandervell Ferrari 375 Thinwall Gran Premio di Siracusa 3º Scuderia Ferrari Ferrari 500 1953 Gran Premio Ciudad de Buenos Aires 1º Scuderia Ferrari Ferrari 500 Gran Premio di Napoli 1º Scuderia Ferrari Ferrari 500 Grand Prix de Rouen-les-Essarts 1º Scuderia Ferrari Ferrari 625 Daily Express Trophy 1º G.A. Vandervell Ferrari Thinwall 24 Heures de Spa Francorchamps 1º Scuderia Ferrari Ferrari 375 MM Pinin Farina Berlinetta Gran Premio de Alemaña de 1953 1º Scuderia Ferrari Ferrari 500 Internationales ADAC-1000 km Rennen Weltmeisterchaftslauf Nürburgring 1º Automobili Ferrari Ferrari 375 MM Vignale Spyder 12 h Casablanca 1º Scuderia Ferrari Ferrari 375 MM Berlinetta Gran Premio dos Países Baixos de 1953 2º Scuderia Ferrari Ferrari 500 Gran Premio de Suíza de 1953 2º Scuderia Ferrari Ferrari 500 Gran Premio de Italia de 1953 2º Scuderia Ferrari Ferrari 500 Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1953 3º Scuderia Ferrari Ferrari 500 Gran Premio do Reino Unido de 1953 3º Scuderia Ferrari Ferrari 500 Gran Premio di Monza 3º Scuderia Ferrari Ferrari 250 MM Vignale Spyder 1954 1000 km Buenos Aires 1º Scuderia Ferrari Ferrari 375 MM Gran Premio di Siracusa 1º Scuderia Ferrari Ferrari 625 Grand Prix d’Agadir 1º Scuderia Ferrari Ferrari 375 Plus Gran Premio da Arxentina de 1954 2º Scuderia Ferrari Ferrari 625 Gran Premio Ciudad de Buenos Aires 3º Scuderia Ferrari Ferrari 625 Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1954 8º Scuderia Ferrari Ferrari 625 1955 Gran Premio da Arxentina de 1955 2º Scuderia Ferrari Ferrari 625 Gran Premio de Bélxica de 1955 3º Scuderia Ferrari Ferrari 625 Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1955 5º Scuderia Ferrari Ferrari 625
Resultados completos en Fórmula 1 (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos Puntos Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 158/50 Alfa Romeo 8 en liña GBR1 MONRet 500 SUI1 BEL4 FRA7 ITA1 1º 30 Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 159A Alfa Romeo 8 en liña SUI3 500 BEL1 FRA5 4º 19 (22) Alfa Romeo 159B GBRRet ALERet Alfa Romeo 159M ITA3* ESP3 Scuderia Ferrari Ferrari 500 Ferrari 4 en liña SUIRet 500 BEL2 FRA2 GBR6 ALE2 NED2 ITA4 2º 24 (27) Scuderia Ferrari Ferrari 500 Ferrari 4 en liña ARXRet 500 NED2 BELRet FRA5 GBR3 ALE1 SUI2 ITA2 3º 26 (32) Scuderia Ferrari Ferrari 625 Ferrari 4 en liña ARX2 500 FRA GBR ALE SUI ITA ESPNCG 8º 6 Ferrari 553 BELRet Scuderia Ferrari Ferrari 625/555 Ferrari 4 en liña ARX2** 5º 10 1/3 Ferrari 625 MON4 Ferrari 555 500 BEL3 Lancia D50 Lancia V8 NED GBR ITANTS * Indica unidade compartida ** No Gran Premio da Arxentina de 1955, Farina finalizou en 2º (compartido con Trintignant e González) e 3º lugar (compartido con Maglioli e Trintignant). Concedéuselle un terzo dos puntos de cada resultado.
Resultados na Fórmula 1 fora do campionato (key)