Terminator (en ) é un filme estadounidense de acción dirixido por James Cameron que se estreou no 1984. Escrito conxuntamente entre Cameron e William Wisher Jr., está protagonizado por Arnold Schwarzenegger, Michael Biehn, e Linda Hamilton. Estreouse en galego na TVG o 20 de xaneiro de 1992.
En 2008 a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos seleccionou a película para a súa preservación no National Film Registry atopándoa "cultural, histórica ou esteticamente significativa".
Sinopse Os Ánxeles, ano 2029. As máquinas dominan o mundo. Os rebeldes que loitan contra elas teñen como líder a John Connor, un home que naceu nos anos oitenta. Para acabar coa rebelión, as máquinas deciden enviar ó pasado a un robot -Terminator- cuxa misión será eliminar a Sarah Connor, a nai de John, e impedir así o seu nacemento.
Personaxes Arnold Schwarzenegger como Terminator, un cyborg enviado cara ao pasado para asasinar a Sarah Connor. Schwarzenegger só fala 18 liñas no filme. Michael Biehn como Kyle Reese, un humano da resistencia enviado ó pasado para protexer a Sarah. Linda Hamilton como Sarah Connor, o obxectivo do Terminator. Earl Boen como o doutor Silberman, un psicólogo criminalista. Paul Winfield como o tenente Ed Traxler, un policía que interroga a Sarah. Lance Henriksen como Hal Vukovich, un detective de policía.
Premios Premios Saturn AnoCategoríasNomeadosResultado1984Mellor filme de ciencia ficción The TerminatorGañadora1984Mellor guiónJames Cameron e Gale Anne Hurd, The TerminatorGañadores1984Mellor maquillaxeStan Winston The TerminatorGañadores
Notas
Véxase tamén Outros artigos Terminator 2: O xuízo final Terminator 3: A rebelión das máquinas Terminator Salvation Terminator Genisys Terminator: Dark Fate
Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en Metacritic
Categoría:Filmes de 1984 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por James Cameron Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Orion Pictures Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes postapocalípticos Categoría:Filmes distópicos Categoría:Filmes sobre intelixencia artificial Categoría:Filmes de viaxes no tempo Categoría:Filmes ambientados en 1984 Categoría:Filmes ambientados en 2029 Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1984 con versión en galego