Folgueroles é un concello da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca de Osona.
Historia Os primeiros vestixios humanos datan da época calcolítica ou eneolítica (2100-1500 a.C.), tamén coñecida como Idade de Bronce. Unha notable testemuña da súa presenza atópase no monte Sant Jordi, onde está o dolmen de Puigseslloses, enterramento en sepulcro megalítico. É por iso que en 1477 foi construída a capela de Sant Jordi nesa zona, que foi reconstruída e ampliada en 1833.
Do período protohistórico, escaváronse os restos do poboado fortificado do Casol de Puigcastellet, construído e habitado polos ausetanos, antigo pobo ibérico, durante o século III a.C., situado nos primeiros montes que marcan o límite entre a Plana de Vic e as Guilleries. A fortaleza está formada por unha muralla de 64 metros de longo e 3 de largo construída en pedra seca. Na parte maziza atopamos unha torre cuadrangular encostada.
O municipio foi repoblado durante a Alta Idade Media ao redor da igrexa de Santa María, xa documentada desde o 967. O núcleo do pobo constituíuse a partir de finais do século XVI. Durante o século XVIII creáronse os barrios da Ricardera e o Carrer de la Font.
Demografía Evolución demográfica1900 1930 1950 1970 1981 1986 2006 2008 735 996 918 977 101010651.983 2.154
Galería de imaxes
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web do concello de Folgueroles Información da Generalitat de Catalunya Información do Institut d'Estadística de Catalunya
Categoría:Concellos da provincia de Barcelona