Dahntay Lavall Jones, nado o 27 de decembro de 1980 en Trenton, Nova Jersey, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que actualmente xoga nos Cleveland Cavaliers da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria Foi elixido na 20ª posición do Draft da NBA de 2003 polos Boston Celtics, quen traspasaron os seus dereitos xunto cos de Troy Bell aos Memphis Grizzlies, a cambio dos dereitos de Kendrick Perkins e Marcus Banks. Jones xogou as súas primeira catro tempadas coma profesional nos Grizzlies, acadando 5.0 puntos por partido.

Na tempada 2006-07, ningún equipo lle fichou ata o 26 de setembro de 2007, cando Jones asinou un contrato non garantido cos Boston Celtics,Peter May, Camp Roster Set , The Boston Globe pero foi despedido polo equipo pouco máis tarde, o 25 de outubro de 2007.Gary Dzen, C's waive Jones, Manuel , The Boston Globe

Jones asinou cos Sacramento Kings o 10 de decembro de 2007. Foi cortado o 16 de febreiro de 2008. Asinou cos Denver Nuggets en xullo de 2008 para a tempada 2008-09.Nuggets Sign Dahntay Jones Durante a súa estancia nos Nuggets, Jones mellorou as súas habilidades e xogou de titular en 72 partidos. Xogou cos Denver Nuggets que chegaron ás finais da Conferencia Oeste en 2009. O 14 de xullo de 2009, Jones asinou un contrato cos Indiana Pacers.

O 12 de xullo de 2012, foi traspasado ós Dallas Mavericks.It's Official: Pacers Trade Mahinmi for Collison, Jones O 21 de febreiro de 2013, Jones foi traspasado ós Atlanta Hawks a cambio de Anthony Morrow. O 27 de setembro de 2013, asinou cos Chicago Bulls. Porén, foi cortado o 8 de outubro. O 14 de xaneiro de 2015, asinou un contrato de dez días cos Los Angeles Clippers.CLIPPERS SIGN DAHNTAY JONES TO 10-DAY CONTRACT

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas na universidade en sportsstats.com

Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Nados en 1980 Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Nados en Nova Jersey