A historia urbana de Hanoi desenvólvese nunha área, a da cabeceira do delta do río Vermello, na que se coñecen asentamentos estables dende o cuarto milenio antes da nosa era no marco de catro culturas sucesivas (Phung Nguyen, Dong Dau, Go Mun e Dong Son), as dúas últimas asociadas aos reis Hung (lendaria dinastía Hong Bang, supostamente a primeira do Vietnam).

Co Loa No final da dinastía, disque Thuc Phan derrotou o último dos seus reis, fundou o reino unificado de Au Lac e estableceu unha nova capital, Co Loa (257 a. de C., ao norte na outra beira do río Vermello, ao seu paso pola cidade actual Situación de Co Loa respecto ao asentamento posterior). Co Loa tiña un complexo sistema defensivo de murallas de barro (ata 12 m de altura e 25 m na base) e fosos de auga en espiral.Planta de Co Loa Tres sucesivos recintos (de 2 x 3 km o exterior, con torres de garda, e 6,5 km de perímetro o interior) protexían unha cidadela elevada de forma rectangular (Co Loa Thanh) que contiña o pazo real Maqueta da cidadela de Co Loa (viettouch.com).

Dominación chinesa Dende o 207 a. de C., cando Co Loa caeu ante o imperio Qin, a presenza chinesa no territorio vietnamita foi constante durante un milenio, cunha práctica ausencia de datos históricos para a cidade ata o século V, no que aparece nomeada como Tong Binh (454-456), xa na beira sur e oeste do río Vermello.

No ano 866, na loita da dinastía Tang contra o territorio rebelde do sur (Dali, actual Yunnan), Tong Binh foi convertida en cidadela (comezada en 767 con vestixios previos do século VII) e recibiu o nome de Dai La (tamén coñecida a terra no tempo como Long Do, "Ventre de Dragón"). Seica se alzaba no pequeno outeiro Nung (tamén chamado Long Do) como coroa circular que contiña un anel interior (Kinh Do, "tres pazos"). Ese outeiro, a única elevación nunha terra practicamente chá e anegada, sería o foco central de todas as intervencións urbanas posteriores.

Capital do reino Dai Viet Así, en 1010 o primeiro gobernante da vietnamita dinastía Ly, Ly Thai To, trasladou a capital do reino Dai Viet ao sitio da cidadela Dai La co novo nome de Thang Long ("Dragón Ascendente"). Tres murallas concéntricas arrodeábana: a exterior, de terra, servía como dique de protección ao longo dos ríos de arredor (o Vermello ao leste e dous brazos de auga a noroeste e sur); a interior protexía os pazos reais. O Pazo Can Nguyen, arrodeado de oito pazos máis e catro mansións, conformaba a cidade real (en 1029 foi destruído erixíndose o aínda maior Pazo Thien An no canto del). Parques con pagodes e templos enriqueceron axiña a capital. Ata finais do século XIV a estabilidade do reino permitiu a conformación dun centro cosmopolita economicamente e culturalmente rico. A área residencial estendíase ao leste da cidadela real (entre esta e a área portuaria no río Vermello) e o organismo enteiro aparecía arrodeado de lagos máis aló das murallas .

Cambios de nome En 1397 perdeu a corte cambiando o nome a Dong Do. En 1408 os chineses da dinastía Ming que ocupan Vietnam renoméana Dong Quan. En 1428, coa recuperación da independencia chamouse Dong Kinh, elixida de novo como capital. Mentres a cidade non cambiou en termos xerais (foi dividida en dous distritos), a cidadela real foi ampliada e enriquecida de continuo (gran Pazo Kinh Thien) acadando a súa máxima extensión Mapa antigo de Dong KinhMapa da cidade real de Dong Kinh e a súa planta superposta na cidade actual . A capital gozou dun período de prosperidade económica grazas ao desenvolvemento dos gremios artesanais e o comercio (principal porto do país con establecementos holandeses, ingleses e alemáns) Esquema das diferentes extensións da capital nos séculos XV a XIX.

Século XIX miniatura|120px|Mapa de Hanoi,1873. En 1788 a ameaza chinesa da dinastía Qing provocou o traslado da capitalidade ao sur (Phu Huang e Hue). Porén, a cidade seguiu conservando a primacía económica e cultural do país e a cidadela real, os templos, os pagodes e as escolas foron restaurados. A partir de 1802 os novos gobernantes do sur (os Nguyen) renoméana Bac Thanh, destruíron as antigas fortificacións e mandaron erixir unha nova cidadela, cadrada con bastións segundo o tipo de Vauban Mapa de Hanoi (Bac Thanh) ao comezo do século XIX coa nova cidadela Recreacción a vista de paxaro da Hanoi do século XIX (nova cidadela e barrio artesanal e comercial) .

En 1831 recibiu o nome de Ha Noi como capital provincial. Coa toma do Vietnam polos franceses no derradeiro cuarto do século Hanoi converteuse capital colonial (1884 de Tonkin, o norte, e 1902).

Capital da Indochina francesa miniatura|150px|Mapa de Hanoi, 1920. A etapa colonial supuxo a modernización de Hanoi, con novas infraestruturas (estradas, ponte sobre o río Vermello, ferrocarril, etc.) e dotacións homologables ás dunha cidade occidental da época. Desenvolveuse unha extensión urbana de corte europeo ao sur da cidade histórica e do lago Hoan Kiem, que así ficou central na cidade contemporánea Mapa de Hanoi antes das intervencións coloniais, 1873Mapa de Hanoi, 1915.

Pero tamén se decidiu a demolición das murallas da cidadela e a intervención no complexo palatino interior con destrucións indiscriminadas Mapa de Hanoi co ensanche europeo ao sur e as intervencións na cidadela, 1902 Mapa de Hanoi en 1911 co progreso da cidade colonial.

Capital de Vietnam En 1954, lograda a independencia, foi designada capital de Vietnam do Norte e en 1976, despois da guerra de Vietnam, cando soportou intensos bombardeos, capital do país unificado.

O crecemento intensificouse dende entón e acelerouse coa apertura económica do país nas últimas décadas . Así, de 91 000 habitantes en 1961 Hanoi pasou a se converter nunha metrópole de máis de seis millóns con todas as características e problemas habituais nun desenvolvemento urbano tan precipitado Plan xeral da metrópole cara ó futuro.

Notas

Categoría:Historia por cidade Categoría:Hanoi