Elliot Page, nado como Ellen Grace Philpotts-Page en Halifax, Nova Escocia o 21 de febreiro de 1987, é un actor e produtor canadense. É coñecido polo seu papel no filme e serie de televisión Pit Pony (1997–2000), o cal lle valeu un Premio Young Artist, e polos seus papeis recorrentes en Trailer Park Boys (2002) e ReGenesis (2004). Page tamén obtivo recoñecemento polo seu papel no filme Hard Candy (2005), gañando o premio da Austin Film Critics Association á mellor actriz.

Page conseguiu recoñecemento internacional pola súa interpretación no filme de Jason Reitman Juno (2007), que lle valeron nomeamentos para os Premios Óscar, os BAFTA, os Critics' Choice Awards, os Globos de Ouro e os Screen Actors Guild Award. Tamén conseguiu eloxios polas súas interpretacións en The Tracey Fragments (2007), Whip It (2009), Super (2010), Orixe (2010) e Tallulah (2016). Page interpretou a Kitty Pryde nos filmes de X-Men The Last Stand (2006) e Days of Future Past (2014), produciu o flime Freeheld (2015), que tamén protagonizou, e fixo o seu debut como director no documental There's Something in the Water (2019). Dende 2019, interpreta a Vanya Hargreeves na serie de Netflix The Umbrella Academy.

Page anunciou publicamente que era homosexual en febreiro de 2014, e anunciou que era transxénero en decembro de 2020, xunto co seu novo nome, Elliot Page.

Traxectoria miniatura|Elliot durante a presentación de Whip It no Festival Internacional de Cine de Toronto de 2009. É fillo de Denis Page (deseñador gráfico) e Martha Phillpotts (mestra). Asistiu ó "Halifax Grammar School" até o oitavo curso e posteriormente estivo varios anos no instituto "Queen Elizabeth High School" graduándose finalmente no "Shambhala School" en 2005. Pasou dous anos en Toronto, Ontario, estudando no programa interactivo de "Vaughan Road Academy" xunto co seu mellor amigo e tamén actor canadense Mark Rendall.

Page comezou a súa carreira co filme Pit pony (1997), á idade de dez anos, interpretando o papel de "Maggie McLean". Posteriormente, en 1999, realizouse a serie televisiva homónima. Grazas ó seu traballo nesta última entrou nos nomeamentos ós Premios Gemini como mellor interpretación de programa infantil.

Acadou notoriedade polo seu traballo no filme Hard Candy (2005), cuxo tema central é o abuso sexual, no papel de "Hayley Stark", unha adolescente de 14 anos lista e encantadora que coñece a un home de trinta e poucos anos con quen non "debería" estar.

Elliot Page sorprendeu a críticos e espectadores coa súa interpretación dun papel tan duro como o que tivo en Hard Candy, pero quizais sexa máis coñecido despois de traballar en X-Men: The Last Stand como "Kitty Pryde/Shadowcat", unha mutante capaz de atravesar calquera tipo de material.

No 2007 sorprendeu ós críticos novamente cunha faceta como actor completamente diferente co seu papel en Juno, unha rapaza de dezaseis anos cun embarazo non desexado. O filme valeulle a candidatura ó Globo de Ouro en 2008 na categoría de Mellor actriz de comedia ou musical e ó Oscar á mellor actriz. Juno conseguiu o Oscar ó mellor guión o 24 de febreiro de 2008.

O 1 de marzo de 2008 Elliot foi a convidado de Saturday Night Live e o 3 de maio de 2009 aparecía como estrela invitada no capítulo "Waverly Hills 9-0-2-1-D'oh" da serie animada The Simpsons, interpretando ó personaxe "Alaska Nebraska".

Participou no filme Orixe (2010) sendo nomeado ó Premio Saturn á mellor actriz e no filme de baixo presuposto Super. Foi un dos protagonistas do filme de Woody Allen To Rome with Love (2012) e do filme de Zal Batmanglij The East (2013). No filme X-Men: Days os Future Past (2014) fai o papel da mutante Kitty Pride"X-Men: Days of Future Past' Cast: Ellen Page, Anna Paquin, Shawn Ashmore Added To Roster". Huffington Post. 26 de xaneiro de 2013. O 14 de febreiro de 2014 fixo pública a súa orientación sexual nunha conferencia da organización Human Rights Campaign proclamando que estaba canso de agachar o seu lesbianismoCanadian actress Ellen Page comes out as gay: 'I'm tired of hiding. CBC News. 14 de febreiro de 2014

O 1 de decembro de 2020 anuncia nas redes sociais un comunicado declarando ser transxénero.

miniatura|dereita|Page con Drew Barrymore na estrea do filme Whip It en setembro de 2009.

Filmografía +Papeis no cinema Ano Título Papel Notas 2002 The Wet Season Jocelyn Curtametraxe Marion Bridge Joanie 2003 Touch & Go Trish Love That Boy Suzanna 2004 Wilby Wonderful Emily Anderson 2005 Hard Candy Hayley Stark Mouth to Mouth Sherry 2006 X-Men: The Last Stand Kitty Pryde 2007 An American Crime Sylvia Likens Juno Juno MacGuff The Tracey Fragments Tracey Berkowitz The Stone Angel Arlene Simmons 2008 Smart People Vanessa Wetherhold 2009 Vanishing of the Bees Narrador Documental Whip It Bliss Cavendar / Babe Ruthless 2010 Peacock Maggie Bailey Orixe Ariadne Super Libby / Boltie 2012 To Rome with Love Monica 2013 The East Izzy Touchy Feely Jenny 2014 X-Men: Days of Future Past Kitty Pryde Tiny Detectives Detective EllenCurtametraxe 2015 Into the Forest Nell Tamén produtor Freeheld Stacie Andree Tamén produtor 2016 Tallulah Tallulah Window Horses Kelly (voz) My Life as a Zucchini Rosy (voz) Dobraxe en inglés 2017 My Days of Mercy Lucy Moro Tamén produtor The Cured Abbie Tamén produtor Flatliners Courtney Holmes 2019 There's Something in the Water El mesmo Documental; tamén directorSen dataNaya Legend of the Golden Dolphin Dusky (voz) PosproduciónSen dataRobodog Izzy (voz)Posprodución

Televisión +Papeis na televisión Ano Título Papel Notas 1997 Pit Pony Maggie Maclean Telefilme 1999–2000 Pit Pony Elenco principañ 2002 Trailer Park Boys Treena Lahey 5 episodios Rideau Hall Helene Episodio: "Pilot" 2003 Homeless to Harvard: The Liz Murray Story Lisa de moza Telefilme Going for Broke Jennifer Telefilme Ghost Cat Natalie Merritt Telefilme 2004 I Downloaded a Ghost Stella Blackstone Telefilme ReGenesis Lilith Sandström 8 episodios 2008 Saturday Night Live El mesmo (convidado) Episodio: "Ellen Page/Wilco" 2009 The Simpsons Alaska Nebraska (voz) Episodio: "Waverly Hills, 9-0-2-1-D'oh" 2011 Glenn Martin, DDS Robot Assistant (voz) Episodio: "Date with Destiny" Tilda Carolyn Pilot 2012 Family Guy Lindsey (voz) Episodio: "Tom Tucker: The Man and His Dream" 2013 Out There Amber (voz) Episodio: "Ace's Wild" 2016–2017 Gaycation El mesmo Serie documental; tamén produtor executivo 2019–presente The Umbrella Academy Vanya / Victor Hargreeves Elenco principal 2019 Tales of the City Shawna Hawkins Elenco principal

Videoxogos +Papeis en videoxogos Ano Título Papel Notas 2013 Beyond: Two Souls Jodie Holmes Tamén captura de movementos

Premios Premios Oscar Ano Categoría Filme Resultado2007 Oscar á mellor actriz Juno Nomeado

Premios Globo de Ouro Ano Categoría Filme Resultado2007 Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musical Juno Nomeado

Premios BAFTA Ano Categoría Filme Resultado2007 BAFTA á mellor actriz Juno Nomeado2007 Premio Orange a estrela emerxente Nomeado

Premios do Sindicato de Actores Ano Categoría Filme Resultado2007 Premio do Sindicato de Actores á mellor actriz protagonista Juno Nomeado

Premios Satellite Ano Categoría Filme Resultado2007 Mellor actriz- Comedia ou Musical Juno Gañador

Premios Independent Spirit Awards Ano Categoría Filme Resultado2008 Independent Spirit Award á mellor actriz Juno Gañador

Premios MTV Movie Ano Categoría Filme Resultado2008 Mellor actriz Juno Gañador2008Mellor bico Nomeado

Premios Saturn Ano Categoría Filme Resultado2010 Premio Saturna á Mellor Actriz Orixe Pendente

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Actores de cinema do Canadá Categoría:Actores de televisión do Canadá Categoría:Actores infantís do Canadá Categoría:Actores de voz do Canadá Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Nova Escocia Categoría:Canadenses de ascendencia inglesa Categoría:Persoas trans Categoría:Persoas non binarias