Karl Jochen Rindt, nado en Maguncia o 18 de abril de 1942 e finado en Monza (Italia) o 5 de setembro de 1970, foi un piloto de carreiras alemán, se ben representou a Austria durante a súa carreira. É o único piloto en gañar postumamente o Campionato do Mundo de Pilotos de Fórmula Un (en ), logo de morrer durante os adestramentos do Gran Premio de Italia. Lonxe da Fórmula Un, Rindt tivo un grande éxito noutras fórmulas de monoplazas. En 1965 gañou a carreira das 24 Horas de Le Mans, pilotando un Ferrari 250LM en colaboración con Masten Gregory dos Estados Unidos de América. Era amigo persoal de Jackie Stewart, e foi veciño do escocés en Suíza.

Traxectoria Despois de que os seus pais morresen durante un bombardeo aéreo na segunda guerra mundial mudouse cos seus avós a Graz (Austria), onde creceu e empezou a correr en competicións automobilísticas. Aínda que sempre correu cunha licenza austríaca, xamais adquiriu a nacionalidade austríaca, conservando a alemá.

esquerda|miniatura|Rindt pilotando un Cooper T77 no Gran Premio de Alemaña de 1965. esquerda|miniatura|Cooper-Maserati T86, pilotado por Jochen Rindt en 1967 esquerda|miniatura|Jochen Rindt no circuíto de Nürburgring en 1969 dereita|miniatura|Rindt pilotando un Lotus F2 en Nürburgring en 1970.

A pesar de ter un grande éxito en Fórmula 2 (gañando, por exemplo, o Trofeo de Londres de 1964), Rindt fallou na elección dos coches de F1. Rindt fixo o seu debut na Fórmula Un co Rob Walker Racing Team no Gran Premio de Austria de 1964. Ía ser o seu único Gran Premio do ano. De 1965 a 1967, Rindt correu para a Cooper Car Company, anotando 32 puntos en 29 carreiras. En 1968, Rindt correu para Brabham, pero a súa tempada non foi o que esperara debido a problemas técnicos. Tamén competiu nas 500 Millas de Indianápolis, tanto en 1967 e 1968, pero non pasou do posto 24.

Rindt destacou por ser un piloto excepcionalmente rápido, cun control do coche excelente e moitos reflexos, pero raramente tiña un coche igual a seu talento, ata que en 1969 Rindt cambiouse a Lotus e a súa carreira colleu o pulo definitivo. Rindt obtivo a primeira vitoria da súa carreira no Gran Premio dos Estados Unidos de 1969 en Watkins Glen. Rindt terminou ese ano con 22 puntos, e o cuarto posto no Mundial de Fórmula 1. Rindt mantivo unha tensa relación con Colin Chapman, Rindt prefería unha base tecnolóxica estable fronte á necesidade de Chapman de innovar e inventar, pero os dous forxaron unha alianza exitosa. A primeira vitoria de Rindt na tempada de 1970 foi en Mónaco, onde superou a Jack Brabham na última curva. Co Lotus 72, Rindt gañou ese ano catro Grandes Premios nos Países Baixos, Francia, Gran Bretaña e Alemaña.

Durante os adestramentos do Gran Premio de Italia de 1970 no Autodromo Nazionale de Monza, preto de Milán, Chapman e Rindt acordaron en seguir o exemplo de Jackie Stewart (Tyrrell) e Denny Hulme (McLaren) e correr sen ás nun intento de reducir a resistencia e obter unha maior velocidade máxima. O poderoso Ferrari Flat-12 de Jacky Ickx e Clay Regazzoni fora ata 16 km/h máis rápido que o Lotus na carreira anterior en Austria. O compañeiro de equipo de Rindt John Miles non estaba contento coa configuración das ás nos adestramentos do venres, informando que o auto "non seguía unha traxectoria recta". Rindt informou que non había tales problemas, Chapman Lembra que Rindt informou que o coche era "case 800 rpm máis rápido na recta", sen ás.

Ao día seguinte, Rindt correu con relacións de transmisión máis altas no seu coche, para aproveitar a ventaxe da fricción reducida, aumentando a velocidade máxima ata os 330 km/h. Na quinta volta da última sesión de adestramentos, Hulme, que estaba detrás de Rindt, informou que na freada da curva Parabólica: "o coche de Jochen abriuse lixeiramente e logo desviouse bruscamente á esquerda contra a barreira de seguridade". Chocou contra o muro, rompéndose as pernas e cravándose algunhas pezas do monopraza no peito e abdome cando trompeaba. Aínda que Rindt de 28 anos foi trasladado de urxencia ao hospital, foi declarado morto. Foi o segundo líder do equipo Lotus que morría en dous anos, Jim Clark morrera en 1968 nunha carreira de Fórmula 2 en Hockenheim. Un tribunal italiano ditaminou despois que o accidente iniciouse por unha falla no eixo do freo dianteiro dereito, pero que a morte de Rindt foi causada polas barreiras de protección mal instaladas.

Rindt está enterrado no cemiterio central (Zentralfriedhof) en Graz.

No momento da súa morte Rindt gañara cinco dos dez Grandes Premios dese ano, o que significaba que tiña unha gran vantaxe no Campionato do Mundo. Nese momento, en teoría podería ser superado por Jacky Ickx da Ferrari. Con todo o seu compañeiro do equipo Lotus, Emerson Fittipaldi, gañou o penúltimo Gran Premio do ano en Watkins Glen, EUA, privando a Ickx dos puntos que necesitaba para gañar o título, e así Rindt converteuse no primeiro Campión do Mundo póstumo do automobilismo. O trofeo foi presentado á súa viúva finlandesa Nina Rindt nee Lincoln, filla do famoso corredor finlandés, Curt Lincoln. Nun tráxico xiro irónico, sóubose que Jochen prometera a Nina retirarse da F1 se gañaba o campionato do mundo.

Rexistro de carreiras Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 Pos. Puntos Rob Walker Racing Team Brabham BT11 BRM V8 MON NED BEL FRA GBR ALE AUTRet ITA USA MEX NC 0 Cooper Car Company Cooper T73 Climax V8 RSARet 13º 4 Cooper T77 Climax V8 MONNSC BEL11 FRARet GBR14 NEDRet ALE4 ITA8 USA 6 MEXRet Cooper Car Company Cooper T81 Maserati V12 MONRet BEL2 FRA4 GBR5 NEDRet ALE3 ITA4 USA2 MEXRet 3º 22 (24) Cooper Car Company Cooper T81 Maserati V12 RSARet MONRet CANRet 13º 6 Cooper T81B Maserati V12 NEDRet BEL4 FRARet USARet MEX Cooper T86 Maserati V12 GBRRet ALERet ITA4 Brabham Racing Organisation Brabham BT24 Repco V8 RSA3 ESPRet MONRet 12º 8 Brabham BT26 Repco V8 BELRet NEDRet FRARet GBRRet ALE3 ITA Ret CANRet USARet MEXRet Gold Leaf Team Lotus Lotus 49B Ford V8 RSARet ESPRet MON NEDRet FRARet GBR4 ALERet ITA2 CAN3 USA1 MEXRet 4º 22 Gold Leaf Team Lotus Lotus 49C Ford V8 RSA13 MON1 BELRet 1º 45 Lotus 72 Ford V8 ESPRet Lotus 72C Ford V8 NED1 FRA1 GBR1 ALE1 AUTRet ITANTS CAN USA MEX

Resultados na Fórmula 1 fora do campionato (key) (Carreiras en grosa indican pole position) (Carreiras en cursiva indican volta rápida) Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 Jochen Rindt Cooper T67 Ford V8 LOM GLV PAU IMO SYR AIN INT ROM SOL KAN MED AUTRet OUL RAN Cooper Car Company Cooper T77 Climax V8 ROC7 SYR SMTDSC INTRet Roy Winkelmann Racing Brabham BT16 BRM V8 MEDRet RAN Cooper Car Company Cooper T81 Maserati V12 RSA SYR INT5 OUL Cooper Car Company Cooper T81 Maserati V12 ROCRet SPR INT SYR OUL6 ESP Brabham Racing Organisation Brabham BT26 Repco V8 ROC INT OULRet Team Lotus Lotus 49B Ford V8 ROCRet INT2 MAD Lotus 63 OUL2 Team Lotus Lotus 49C Ford V8 ROC2 Lotus 72 INTRet OUL2

Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase Voltas Pos. ClasePos. 1964 North American Racing Team David Piper Ferrari 250LM P 5.0 0 Ret Ret 1965 North American Racing Team Masten Gregory Ferrari 250LM P 5.0 348 1º 1º 1966 F.R. English Ltd. \ Comstock Racing Innes Ireland Ford GT40 Mk I S 5.0 8 Ret Ret 1967 Porsche System Engineering Gerhard Mitter Porsche 907 P 2.0 103 Ret Ret

Resultados completos nas 500 Millas de Indianápolis Ano Chasis Motor Saída Final 1967 Eagle Ford 32º 24º 1968 Brabham Repco 16º 32º

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Salon da Fama dos Grandes Premios Jochen Rindt . Jochen Rindt statistics

Categoría:Pilotos campións do mundo de Fórmula 1 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Lotus Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Brabham Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Cooper Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Austria Categoría:Nados en Maguncia Categoría:Nados en 1942 Categoría:Finados en 1970 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 finados en competición