Acie Law IV, nado o 25 de xaneiro de 1985 en Dallas, Texas, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga no KK Partizan, que compite na A1 Ethniki (liga grega) e na Euroliga.

Traxectoria profesional NBA Atlanta Hawks (2007-2009) O 28 de xuño de 2007, Law foi escollido na 11ª posición do Draft da NBA polos Atlanta Hawks. Xogou o seu primeiro partido coma titular o 6 de novembro de 2007, contra os New Jersey Nets.

Na súa tempada coma rookie, Law acadou 4.2 puntos e 2.0 asistencias, e fixo o 20,6% das triplas intentadas e o 40% dos tiros de campo intentados. Perdeuse dez partidos debido a unha lesión no nocello dereito.

Na pretempada de 2008, Law foi escollido no primeiro equipo da Summer League, xunto con outros catro xogadores. Fixo 16.2 puntos, 3.6 asistencias e 2.2 rebotes, liderando aos Hawks a unha marca de 4-2. Quedou sexto en anotación e sexto tamén en número de asistencias repartidas.

Golden State Warriors (2009) O 25 de xuño de 2009, Law foi traspasado aos Golden State Warriors xunto con Speedy Claxton a cambio de Jamal Crawford.

Charlotte Bobcats (2009-2010) O 16 de novembro de 2009, Law foi traspasado aos Charlotte Bobcats xunto con Stephen Jackson a cambio de Raja Bell e Vladimir Radmanović.

Chicago Bulls (2010) O 18 de febreiro de 2010, Law foi traspasado aos Chicago Bulls xunto con Flip Murray a cambio de Tyrus Thomas.

Memphis Grizzlies (2010) O 5 de agosto de 2010, Law asinou un contrato dun ano cos Memphis Grizzlies. Foi cortado polos Grizzlies o 4 de decembro de 2010, tras xogar en 11 partidos da tempada regular para Memphis.

Golden State Warriors (2010-presente) O 9 de decembro de 2010, Law asinou cos Golden State Warriors.

Europa En xullo de 2011, Law asinou un contrato dun ano co KK Partizan.Acie Law signs with Serbian teamPartizan mt:s picks up playmaker Law

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Web Oficial de Acie Law Perfil en ESPN Athlete Bio

Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Charlotte Bobcats Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores do KK Partizan Categoría:Xogadores do Olympiacos BC Categoría:Nados en Dallas, Texas