Valentín Alfonsín Somoza, nado en Dodro en 1969, é un político galego de Xente de Dodro.
Traxectoria Licenciado en empresariais, cun máster en mercadotecnia e mais empresario de transportes. Nas eleccións municipais de 2007 foi o candidato do PPdeG á alcaldía de Dodro, pero non logrou a maioría absoluta e gobernou un bipartito constituído polo PSdeG e o BNG co socialista Arturo Díaz á fronte.
Nas eleccións municipais de 2011 encabezou de novo a candidatura do PPdeG á alcaldía e foi elixido alcalde de Dodro con maioría absoluta. Revalidou a alcaldía con maioría absoluta tralas municipais de 2015 e, ata 2017, compaxinou o seu cargo co de xerente da empresa que ten en Dodro. Nas municipais de 2019 perdeu a maioría absoluta e a alcaldía, que foi para o socialista Xabier Castro Tourís.
Para as municipais de 2023, foi excluído como candidato pola dirección provincial do partido, polo que encabezou a formación Xente de Dodro, á fronte da cal logrou 3 concelleiros e foi a segunda forza máis votada, por detrás do PSdeG, polo que continuou na oposición.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Dodro
Ligazóns externas Entrevista en El Correo Gallego
Categoría:Alcaldes de Dodro Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Dodro Categoría:Nados en 1969 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes