Carapuchiña Vermella, a quen tes medo? (en ) é un filme estadounidense dirixido por Catherine Hardwicke e protagonizado por Amanda Seyfried que foi estrado no 2011. Baséase no conto popular de Carapuchiña Vermella recollido por Charles Perrault baixo o nome de "Le Petit Chaperon Rouge", e algunhas décadas despois polos irmáns Grimm como "Rotkäppchen". Estreouse en galego na TVG o 22 de agosto de 2015.
Sinopse Esta nova versión de "Carapuchiña Vermella" relata como durante décadas os habitantes da vila de Daggerhorn mantiveron un complicado pacto cun Lobishome. Sacrifican un animal unha vez ó mes para contentar a besta que os atemoriza cada lúa chea. Pero baixo unha lúa de cor vermella sangue, o lobo leva a vida dun ser humano, aumentando así o prezo do pacto. A vítima é a irmá máis vella de Valerie, unha fermosa rapaza que acaba de descubrir que os seus pais van casala con Henry, o herdeiro da familia máis rica do pobo. Pero ela está namorada de Peter, o humilde leñador ó que amou toda a vida. Para evitar que os separen, a parella decide fuxir, pero o lobo troca os seus plans. Os veciños da vila piden axuda ó reverendo Solomon, un cazador de homes lobo, para que remate coa besta dunha vez por todas. Pero a chegada de Solomon revoluciona aínda máis o lugar cando lles advirte a todos de que o lobo adquire forma humana durante o día e que podería ser calquera deles. Agora todos son sospeitosos.
Personaxes Amanda Seyfried como ValerieAmanda Seyfried's Romantic Interest Cast in Hardwicke's 'Riding Hood'. Bloody-Disgusting.com. Consultado o 2011-01-06. Virginia Madsen como Suzette'Candyman' Victim Mothers 'Red Riding Hood'. Bloody-Disgusting.com. Consultado o 2011-01-06. Billy Burke como Cesaire Julie Christie como A avoaVirginia Madsen Next for Red Riding Hood. DreadCentral.com. Consultado o 2011-01-06. Shiloh Fernandez como Peter Gary Oldman como Reverendo SolomonGary Oldman, Max Irons Round Out 'Red Riding Hood'. Bloody-Disgusting.com. Consultado o 2011-01-06. Max Irons como Henry LazarSupporting Cast Sign For Red Riding Hood. EmpireOnline.com. Consultado o 2011-01-06. Michael Shanks como Adrien Lazar Christine Willes como Madame Lazar Michael Hogan como O xuízMichael Hogan Joins Red Riding Hood Cast . Horror-Asylum.com. Consultado o 2011-01-06. Lukas Haas como Reverendo AugustLukas Haas Seeks the Girl With the 'Red Riding Hood' Bloody-Disgusting.com. Consultado o 2011-01-06. Alexandria Malliot como Lucie
Notas
Véxase tamén Outros artigos Carapuchiña Vermella
Ligazóns externas
Rotten Tomatoes Ficha en Filmaffinity Web oficial
Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Catherine Hardwicke Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Appian Way Productions Categoría:Filmes producidos por Leonardo DiCaprio Categoría:Filmes baseados en contos de fadas Categoría:Filmes baseados en Carapuchiña Vermella Categoría:Filmes ambientados en Europa Categoría:Filmes ambientados na Idade Media Categoría:Filmes de lobishomes Categoría:Filmes de 2011 con versión en galego